Estudou na Escola de Maxisterio de León (1915-1916). Foi docente e directora na Escola de Santa Lucía de Gordón (León) en 1917. Levou a xerencia[2] da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol. Foi profesora tamén na Escola Obreira gratuíta do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Neste último edificio figura actualmente unha placa que lle rende homenaxe, xa que traballou nel ata a súa xubilación. Á marxe da educación formal creou a súa propia academia de pasantías e preparación de oposicións: ELMACA.
Publicou varias obras sobre un sistema taquigráfico baseado no traballo do gravador valenciano Francisco Martí Mora, fundador da taquigrafía española.[3]
Foi nomeada xestora da Agrupación sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia no ano 1959. Tamén foi xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional en 1973[4].
A Enciclopledia Mecánica
Dirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillaría de Ferrol, (Patente ES0190698 A[5], solicitada o 7 de decembro de 1949).
A aparencia externa deste precursor do libro electrónico era a dun estoxo. As novidades tecnolóxicas máis salientables eran o sistema de bobinas automáticas polas que ían pasando os textos e imaxes dos recursos educativos e o sistema de botóns a presión. Previsiblemente nunha versión futura tería tamén luz e son.[6] Unha parte estaba destinada as tarefas de cálculo e escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. O seu carácter enciclopédico viña da área asignada ás materias, impresas nunha serie de láminas transparentes que permitían a ampliación ou redución de tamaño.[7] Contaba cun oco destinado a unha calculadora, se ben esta non se incluíu no prototipo por falta de tecnoloxía que se axeitase ao modelo nese momento.[6]
O peso total do aparello era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora, que era a redución do volume nas carteiras dos escolares[8]. Así mesmo Ángela consideraba que a súa era a enciclopedia máis económica das coñecidas daquela.
Foi esta convicción nas posibilidades de revolucionar os procesos educativos o que a levou ata o final dos seus días a loitar pola produción no seu invento en España, chegando a descartar ofertas estranxeiras[9]. Porén nunca chegou a atopar investidores para o seu invento.
A Enciclopedia aparece no Catálogo 200 años de la promulgación de la Ley de patentes en España editado polo Ministerio de Industria en 2011, e na Cronología de la edición digital: 100 años de evolución tecnológica (2012).
Ángela Ruíz Robles morreu no ano 1975 e foi soterrada no Camposanto de San Salvador de Serantes (Ferrol).[11]
Conta coa cruz da Orde de Afonso X en recoñecemento á súa traxectoria profesional[12].
Nos meses de outubro a novembro de 2011 a Biblioteca de la ETSIIT da Universidade de Granada adicoulle unha exposición titulada Ángela Ruiz Robles; la precursora del e-book.[13]
Dende o ano 2013 un dos premios nacionais de informática concedidos pola Sociedad Científica Informática Española (SCIE) leva o seu nome. Está adicado ás actividades que promoven o emprendemento na área das tecnoloxías da información e comunicación.[14]
O concello de Madrid adicoulle unha rúa co seu nome.[15]
En 2018 foi proposta pola Universidade de Vigo para nomear un dos seus edificios.[16] Tamén en 2018 publicouse un libro infantil coa súa biografía, O valor das ideas: a precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruiz Robles.[17]
Mbook. O libro mecánico de Ángela Ruiz Robles, é unha curtametraxe de Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós, de Cuerda Floja Produccións, onde se conta a historia da mestra e inventora e paralelamente a dunha nena que vai á escola. Gravada no ano 2018 co apoio da Concellería de Igualdade de Ferrol para o Día da Muller, foi proxectada no prestixioso Festival de Cine de Málaga na súa edición de 2019.[18][19]
En 2019 a Universidade da Coruña deulle o seu nome á Biblioteca da Escola Politécnica Superior.[20]
En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Premio Nacional Ángela Ruiz Robles, na área de transferencia de tecnoloxía.[23]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[24]
Obra
Breve mecanografía al tacto. A Coruña: Moret. 1941.
Compendio de Ortografía Castellana. A Coruña. 1938.
Compendio de Ortografía Castellana. A Coruña: Moret. 1940.
Extracto Taquigráfico Rápido. A Coruña: Moret. 1941.
Gramática y Narraciones Históricas. A Coruña: Moret. 1941.
Libros Mecánicos. Madrid: Burotel. 1970.
El Mejor Regalo (2ª. ed.). Madrid: Castro. 1946.
Ortografía. 2ª ed. Madrid: Castro, 1946
Ortografía Amena e Instructiva. 2ª ed. Madrid: Castro, 1946
Ortografía Castellana. A Coruña: [s.n]., 1938
Ortografía Castellana Rápida. 2ª ed. A Coruña: [s.n.], 1940
El Primer Atlas Gramatical Del Idioma Español. A Coruña; Ferrol: Elmaca; Covadonga, 1958
El Primer Mapa y Atlas Lingüístico Gramatical. Madrid: Burotel,1970
Taquigrafia Martiniana Abreviada Moderna. A Coruña: Moret, 1938
Taquigrafía Martiniana Abreviada Moderna. 2ª ed. A Coruña: [s.n.], 1941
Taquigrafía Aplicada a La Máquina-Máquina Taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970[25]
Notas
↑No 'dicionario de mulleres galegas' aparece como 'Ruíz', e como natural de Ferrol
↑Pérez González, Carmen (2009). Ferrol: Concellería da Muller, ed. Ferrol en feminino: mulleres na historia da cidade: rutas turísticas. ISBN978-84-9812-099-8.
↑PÉREZ GONZÁLEZ, Carmen (2009). Ferrol: Concellería da Muller, ed. Ferrol en feminino : mulleres na historia da cidade : rutas turísticas. ISBN978-84-9812-099-8.
Sáiz González,, J.P. (2011). Oficina Española de Patentes y Marcas, ed. 200 años de Patentes(PDF). NIPO 703-11-012-0. Consultado o 3 de novembro de 2014.