2018 (MMXVIII ) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI .
Acontecementos
Laparadas do incendio do Museu Nacional do Río de Xaneiro.
Febreiro : Xogos Olímpicos de Inverno de Pyeongchang .
Dende o 18 de abril : Revoltas en Nicaragua .
Maio : Festival de Eurovisión de 2018 en Lisboa .
9 de maio : O partido da oposición liderado polo ex-primeiro ministro Mahathir bin Mohamad gaña as eleccións de Malaisia , dando paso ao primeiro cambio de goberno do país.
17 de maio : Día das Letras Galegas , dedicado a María Victoria Moreno .
23 de maio : En Paramos, Tui , estoupa unha pirotecnia ilegal, deixando dous mortos e causando outros múltiples danos, tanto humanos como materiais.
1 de xuño : En España unha moción de censura do PSOE , co apoio doutros grupos, desbanca a Mariano Rajoy , quedando Pedro Sánchez investido presidente .
10 de xuño : O ministro italiano, Matteo Salvini , pecha todos os portos marítimos ao barco Aquarius con máis de 629 inmigrantes a bordo.
14 de xuño -15 de xullo : Mundial de Fútbol Rusia 2018 .
23-24 de xullo: Incendios en Grecia do 2018 .
Xullo: Wikimanía 2018 en Cidade do Cabo (Suráfrica ).
Agosto-setembro: Protestas da extrema dereita en Chemnitz , Alemaña.
2 de setembro : Un incendio arrasa o Museu Nacional do Río de Xaneiro , Brasil .
9 de setembro: Eleccións xerais en Suecia .
12 de setembro : O Parlamento Europeo dá luz verde a sancionar a Hungría por poñer en risco os valores fundamentais da Unión Europea .
Setembro: O furacán Florence , despois convertido en tormenta tropical , afecta á costa leste dos Estados Unidos de América , causando trinta mortos.
Setembro: O tifón Mangkhut golpea Filipinas e outros países asiáticos, causando máis de cen mortos e outros graves danos.
28 de setembro : Un terremoto seguido de tsunami causa máis de dous mil mortos en Indonesia .
23 de outubro : China inaugura a Ponte Hong Kong-Zhuhai-Macau .
17 de novembro -actualidade: Movemento dos chalecos amarelos en Francia .
A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) declarou a curuxa común como Ave do ano 2018 [ 1] .
Mortes
Charles Aznavour.
1 de xaneiro : Gonzalo Adrio , avogado e político galego (n. 1919).
11 de xaneiro : Severino Domínguez , sindicalista e político galego (n. 1915).
1 de febreiro : Isidro Novo , escritor galego (n. 1951).
22 de febreiro : Antonio Fraguas, "Forges" , humorista gráfico español (n. 1942).
27 de febreiro : Enrique Castro, "Quini" , futbolista español (n. 1949).
14 de marzo : Stephen Hawking , físico e divulgador inglés (n. 1942).
11 de maio : Berta Cáccamo , pintora galega (n. 1963).
28 de maio : María Dolores Pradera , cantante e actriz española (n. 1926).
26 de xuño : Xabier P. DoCampo , escritor galego (n. 1946).
12 de xullo : Xerardo Fernández Albor , presidente da Xunta de Galicia de 1981 a 1987 (n. 1917).
6 de agosto : Ernesto Chao , actor (n. 1943).
16 de agosto : Aretha Franklin , cantante estadounidense (n. 1942).
13 de setembro : Mary Midgley , filósofa británica (n. 1919).
1 de outubro : Charles Aznavour , cantante francés (n. 1924).[ 2]
6 de outubro : Montserrat Caballé , cantante de opera (n.1933).
12 de novembro : Stan Lee , escritor e editor estadounidense (n.1922).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos