A
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade). HistoriaA letra A ten a súa orixe nun pictograma dunha cabeza de boi da escrita xeroglífica exipcia ou do alfabeto ugarítico. Cara ao ano 1600 a.C. os fenicios déronlle unha forma liñal que serviu de base para todas as formas posteriores da letra. UsosA indica, segundo a clasificación de Harvard, unha clase espectral de estrela de gran luminosidade, cor azul e temperatura entre 8.000 e 12 000 °C. O seu compoñente principal é o hidróxeno. Estrelas deste tipo son Sirio, Altair e Vega. A indica que un asteroide foi descuberto entre o 1 e o 15 de xaneiro. Na codificación dos aminoácidos ordinarios, A é a abreviatura de alanina. A é o símbolo do amperio, unidade de medida da corrente eléctrica. A é o símbolo da proposición universal afirmativa. A representa o número de masa do átomo. En Unicode o A é U+0041 e o a é U+0061. a é o símbolo da aceleración (vectorial). O ácido A é un derivado sulfúrico da naftalina. Tamén é a abreviatura en bioquímica da adenosina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN). A é símbolo de Austria. Véxase taménEntradas da enciclopedia que comezan por A
|