Aliados da segunda guerra mundialPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aliados.
Os Aliados eran os estados opostos ás Potencias do Eixe durante a segunda guerra mundial. HistoriaDatas nas que os estados se uniron ós aliados
Tralo fin da "Guerra de Broma"
Tralo ataque a Pearl Harbor
Tralo Día-D
Alianzas formais durante a guerraAliados orixinaisOs aliados orixinais foron aqueles estados que lle declararon a guerra á Alemaña nazi trala súa invasión de Polonia en setembro de 1939. Estes países estaban aliados entre eles por unha rede de pactos de defensa común e pactos de alianzas militares asinados antes da guerra. A Alianza Franco-Británica databa da Entente Cordiale de 1904 e a Tripla Entente de 1907, activadas durante a primeira guerra mundial. A Alianza Franco-Polaca fora asinada en 1921 e renovada en 1927 e 1939. O Pacto de Defensa Común Polaco-Británico asinado o 25 de agosto de 1939 establecía promesas de asistencia militar mutua entre os estados no caso de que algún deles fose atacado por Alemaña. As colonias británicas, francesas e holandesas loitaron xunto ós países da metrópole, e moitos deles continuaron coa loita despois de que estes foran ocupados. PoloniaPolonia nunca se converteu en membro oficial do Terceiro Reich e o Goberno polaco no exilio despois de 1939 continuou coas contribucións polacas na segunda guerra mundial en varias frontes con centos de milleiros de membros do exército polaco en Francia e no Reino Unido, e co Armia Krajowa (exército do interior) na Polonia ocupada. A Unión Soviética, porén, non recoñeceu o Goberno e en 1943 organizou o exército popular polaco baixo o mando de Rokossovsky, arredor do cal foi construído o estado sucesor da posguerra da República Popular de Polonia en 1952. A Comunidade Británica de NaciónsAdemais do Reino Unido, varios membros independentes da Comunidade Británica de Nacións declararon a guerra a Alemaña por separado, algúns no mesmo día e outros pouco despois. Estes países foron: Canadá, Australia, Nova Zelandia, Terra Nova (que non foi parte do Canadá até 1949) e Suráfrica. O Imperio Indio (a área da República da India, Paquistán e Bangladesh) e a maioría das colonias británicas arredor do mundo estaban controlados por Gran Bretaña e polo tanto comezaron coas hostilidades coa declaración de guerra británica. O Imperio Indio tivo 1.500.000 vítimas civís, máis que o Reino Unido. Tamén contribuíu con 2.500.000 militares e sufriu a perda de 87.000 homes, máis que calquera outro país da Commonwealth, agás Reino Unido. O Grupo de OsloO Grupo de Oslo era unha organización de países oficialmente neutrais. Catro membros xuntáronse máis adiante ós aliados, como gobernos no exilio: o Reino de Noruega, o Reino dos Países Baixos, o Reino de Bélxica e o Gran Ducado de Luxemburgo. A República de Finlandia foi invadida pola USSR o 30 de novembro de 1939 [1]. Máis tarde Finlandia e o Reino de Dinamarca uníronse formalmente ó Pacto Anti-Comintern do Eixo. O Reino de Suecia permaneceu oficialmente neutral. Seguindo ó armisticio de Moscova de setembro de 1944, Finlandia entrou de feito nos aliados e loitou contra as forzas alemás. Isto levou a unha serie de enfrontamentos chamados Guerra de Laponia. Dinamarca foi invadida polos alemáns o 9 de abril de 1940. O Goberno danés non declarou a guerra e rendeuse o mesmo día, coa idea de que mantería control sobre os asuntos internos. Non se formou ningún Goberno no exilio. Os daneses loitaron a carón tanto dos aliados como das potencias do eixo. Islandia e Groenlandia, que estaban respectivamente unida con Dinamarca e sendo colonia danesa, foron ocupadas polos aliados durante a maioría da guerra. As forzas británicas tomaron o control de Islandia en 1940. As forzas dos Estados Unidos, malia seren oficialmente neutrais no momento, ocuparon Groenlandia o 9 de abril de 1941. Os EEUU tamén controlaron Islandia a partir do 7 de xullo de 1941. Islandia declarou a total independencia de Dinamarca en 1944, pero xamais declarou a guerra a ningún dos poderes do eixo. PortugalA pesar de que Portugal permaneceu oficialmente neutral, a Alianza Anglo-Portuguesa foi recorrida na segunda guerra mundial para o establecemento dunha base aliada nas Illas Azores. Portugal protestou pola ocupación do Timor portugués polas forzas aliadas en 1942, pero non ofreceu resistencia activa. A colonia foi subsecuentemente ocupada polo Xapón, e os cidadáns portugueses e timorenses axudaron ós aliados a loitar contra o Xapón. Macau tamén foi ocupado polo Xapón. Declaración das Nacións Unidas do 1 de xaneiro de 1942Os 26 países asinantes foron os seguintes:[1]
Durante a declaración de 1942 adheríronse México, Filipinas, e Etiopía; nos catro primeiros meses de 1943, adheríronse Iraq, Brasil, e Bolivia. CominternAs seguintes forzas socialistas e prosoviéticas tamén combateron contra as Potencias do Eixo antes ou durante a segunda guerra mundial.
Unión PanamericanaOs membros da Unión Panamericana, que eran todos neutrais entre 1939 e 1941, formaron un pacto de mutua defensa nunha conferencia de Ministros de Asuntos Exteriores na Habana, dende o 21 de xullo ó 30 de xullo de 1940. A Declaración de Asistencia Recíproca e Cooperación para a Defensa das Nacións das Américas foi parte da Acta Final da Segunda Reunión de Ministros de Asuntos Exteriores das Repúblicas Americanas na Habana, Cuba, 30 de xullo de 1940.[2] Houbo 21 asinantes:
En xullo de 1944, unha Forza Expedicionaria Brasileira de 25.000 membros uniuse ós aliados na Campaña de Italia. En 1945, o Escuadrón 201 da Forza Aérea Mexicana uniuse á U.S. Far East Air Force, durante a campaña de Filipinas. Os outros países deste grupo contribuíron con unidades de apoio ou pequenas forzas de combate. NotasVéxase taménOutros artigosLigazóns externas |