Anguila
Anguila[1] (/æŋˈɡwɪlə/) é un Territorio Británico de Ultramar no Caribe.[2] É unha das Illas de Sotavento máis ao norte das Antillas Menores, situada ao leste de Porto Rico e as Illas Virxes e directamente ao norte de San Martiño.[3] O territorio está formado pola illa principal de Anguila, aproximadamente de 26 km. de longo por 5 km de ancho no seu punto máis ancho, xunto cunha serie de illas moito máis pequenas e caios sen poboación permanente. A capital do territorio é The Valley.[4] A superficie terrestre total do territorio é de 91 km²,[5] cunha poboación de aproximadamente 15,753 (2021). EtimoloxíaO nome nativo da illa en lingua Arawak era Malliouhana.[3] En referencia á forma da illa, utilizouse o italiano anguilla, que significa "anguía" (á súa vez, do diminutivo latino de anguis, "serpe")usouse como nome. [6][6][7][8] HistoriaAnguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes. Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón. EconomíaAs principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal. Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe. Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este. XeografíaO arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados. O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °C. As illas principais son:
Outros datosA esperanza de vida é de 76,7 anos. A defensa do país é responsabilidade do Reino Unido. A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana. Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|