Antonio Olives Quintás
Antonio Olives Quintás, nado en Ferrol en 1952 e finado na Habana o 16 de novembro de 2009, foi un profesor e político galego. TraxectoriaDiplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía inglesa pola UNED, exerceu como profesor durante 26 anos no sector privado, antes de dar o paso á actividade política.[1] Integrante do Partido Gallego Independiente, foi deputado do Parlamento de Galicia por UCD en 1981, do que foi secretario dende o 21 de outubro de 1982. En 1983 foi un dos promotores de Coalición Galega con Pablo González Mariñas e Xosé Henrique Rodríguez Peña. Volveu ser deputado na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Galega e pasou a Grupo Mixto en novembro de 1986.[2] Posteriormente integrouse no PNG sendo o seu número dous e portavoz parlamentario. En 1989 encabezou a lista do PNG na candidatura da coalición Europa dos Pobos ao Parlamento Europeo. Abandonou a vida política e dirixiu varias empresas de relacións internacionais que tiñan a súa dirección centralizada en Cuba, onde faleceu o 16 de novembro de 2009.[3] Notas
|