Apagamento analóxico na Unión Europea
O apagamento analóxico é o nome co que se coñece o cesamento das emisións analóxicas dos operadores de televisión e radio dos países da Unión Europea. A Comisión Europea propuxo en maio de 2005 como data límite o ano 2012 para todos os países. O sinal que o substituíu consiste nun sistema que dixitaliza a emisión, o que se traduce nunha maior calidade da imaxe e nun número maior de programas. A partir deste momento foi indispensable dispoñer dun televisor cun sintonizador dixital, ou no seu defecto utilizar un decodificador TDT (ou DVB-T) que procese o sinal dixital e o envíe ó televisor, para ver a televisión. A incerteza do apagónA existencia dun parque de aparatos capaces de recibir e decodificar o sinal TDT fai que as datas previstas para realizalo queden en interdito. A comercialización de decodificadores en lugar da inclusión destes nos receptores e gravadores de TV crearon unha incerteza no futuro da TDT. No mercado son moi poucos os televisores que inclúen o sintonizador dixital. Soamente aqueles aparellos de alta gama tráeno incluído mentres que os gravadores, xa de DVD son practicamente inexistentes. O número de receptores que existe en cada fogar, normalmente máis dun e a imposibilidade de que o decodificador poida ser comandado polo gravador, deu por resultado que non se estendera, como era de desexar, o parque de receptores de TDT. A obriga da suspensión das emisións en PAL deixa en interdito o risco dunha perda relevante dos telespectadores, perda que pode influír nas canles comerciais que basean os seus ingresos na publicidade e na audiencia. O proceso de adaptaciónÉ preciso seguir estes tres pasos para poder captar o sinal de TDT:
En diferentes países da UEEn España, este apagamento estaba previsto para o 2012, porén, no Real Decreto do 29 de xullo de 2005, o goberno español adiantouno para que ocorra no 2010; agás en Soria, onde acontecerá en 2008 como proba piloto. Ata entón, convivirán as emisións analóxicas e dixitais. En parte de Galiza, acontecerá o 18 de xaneiro de 2010, mentres que no resto das Comunidades irase producindo este suceso até o 3 de abril do 2010. En Suecia, está previsto para febreiro de 2008 e constará de cinco etapas que se iniciaron a finais do verán de 2005. En Dinamarca, aínda que non existe data concreta, unha ampla maioría parlamentaria apoia que se efectúe o antes posible e se prevé para 2009. Tanto Italia como Finlandia teñen como obxectivo que se produza entre 2006 e 2008. Austria, Alemaña e Malta puxéronse, como España, como obxectivo 2010. Bélxica, Eslovenia, Eslovaquia, Grecia, Hungría, Portugal e o Reino Unido teñen previsto realizalo na data límite: 2012. Os demais países da Unión Europea aínda non se pronunciaron. Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |