Aurelio Miras Portugal
TraxectoriaFillo de Aurelio Miras Azor e irmán de María Teresa Miras Portugal, sendo un mozo universitario activo na loita antifranquista foi captado, xunto con outra xente nova ourensá, por Euloxio Gómez Franqueira para formar unha forza de centro autonomista que acabou integrada en Unión de Centro Democrático. Licenciado en Dereito. Foi concelleiro do Carballiño e deputado provincial de Ourense dende 1979 a 1987 por UCD. Foi tamén membro do Parlamento de Galicia por UCD de 1981 a 1985, de Coalición Galega de 1985 a 1989, de Centristas de Galicia dende 1990 e 1993, e do Partido Popular de 1993 a 1997 e de 2005 a 2009. Exerceu a presidencia da Comisión 7ª de Agricultura, alimentación, gandería e montes e foi relator, entre outras, da consensuada proposición de lei de normalización lingüística. En 1997 foi nomeado Director Xeral de Turismo, no ano 2001 Secretario Xeral de Comunidades Galegas. Foi conselleiro ao longo de toda a derradeira lexislatura de Fraga Iribarne. Foille concedido en 2004 o profesorado honoris causa pola Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Buenos Aires, na especialidade de Ciencias Políticas. Director Xeral de TurismoNomeado en 1997. Á fronte da administración turística levou a cabo unha política impulsada por Manuel Fraga Iribarne caracterizada por:
Conselleiro de Cooperación Exterior, Emigración e InmigraciónNomeado Conselleiro en 2001 na última lexislatura de Fraga, exerceu en sucesivas remodelacións as competencias de cooperación exterior, emigración e inmigración. Cooperación ExteriorRedactou o proxecto de Lei de cooperación ao desenvolvemento e incrementou os fondos destinados aos países en vías de desenvolvemento. Cooperación co IGADI e o INCYDE para a potenciación da presenza internacional da empresa e da cultura de Galicia [6] Emigración[7]Tivo que afrontar a fonda crise económica que afectou á Arxentina (corralito) e o Uruguai entre os anos 2001 e 2003, para o que deseñou un sistema de envío e entrega profesionalizada de medicamentos e alimentos, e crises humanitarias como as inundacións de Caracas e Santa Fe. Creou a Fundación Galicia Emigración para canalizar coordinadamente a axuda de particulares e as principais empresas afincadas en Galicia enviada a aqueles países durante a devandita crise. Creou o portal web da emigración Galiciaberta. Divulgou as figuras de Celso Emilio Ferreiro e Eduardo Blanco Amor en Venezuela e a Arxentina, respectivamente e en colaboración co Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega levou a cabo a recuperación e dixitalización do patrimonio documental da diáspora. InmigraciónDeseñou a primeira política autonómica na materia mediante o fomento do asociacionismo, a orientación social e laboral e axudas sociais e individuais. Celebrou convenios de colaboración cos concellos de maior poboación inmigrante. Trala crise do Prestige manifestouse partidario, xunto con outros conselleiros, dunha acción propia non supeditada á actuación do Estado. Esta situación saldouse coa saída de Xosé Cuíña do goberno galego[8]; na seguinte remodelación, perdeu as competencias en cooperación exterior creando, en troques, unha Dirección Xeral de Inmigración. Deputado autonómicoComo deputado autonómico do PP na oposición, durante o período do goberno bipartito PSOE-BNG, contribuíu ao consenso na elaboración do ditame da Comisión especial de emigración. Foi relator do proxecto de Lei de Turismo de Galicia onde chegou a consensuar varias emendas aínda que o seu grupo parlamentario acabou votando en contra do mesmo.
Notas
|