Bayreuth
Bayreuth é unha cidade do Estado de Baviera, Alemaña, que é a capital da rexión administrativa (Regierungsbezirk) da Alta Franconia. Está situada á beira do río Main vermello —unha das cabeceiras do río Main—, no leste de Alemaña. A súa poboación era, segundo o censo do 31 de decembro de 2019, de 74 783 habitantes.[1] A cidade é famosa pola súa relación co compositor Richard Wagner, quen viviu alí desde 1872 até 1882 (morreu un ano máis tarde en Venecia). A "casa de Wagner", Wahnfried, construíuse na cidade grazas ao patrocinio do rei Lois II de Baviera, e converteuse nun museo wagneriano. Na zona norte da cidade encóntrase o Bayreuth Festspielhaus, un teatro da ópera construído especialmente para representar as obras de Wagner. As estreas das obras O anel do Nibelungo e Parsifal tiveron lugar neste teatro. Cada ano se celebra na cidade o Festival de Bayreuth dedicado á representación de óperas deste compositor alemán. No primeiro ensaio do teatro de Bayreuth, Wagner interpretou a súa obra Parsifal, drama xermano-cristián, invitando a tal efecto a Nietzsche. Algúns suxiren que esta foi a razón pola que o filósofo nunca máis lle dirixiu a palabra e latricaría máis tarde contra o músico nos seus libros do último período. A cidade é tamén coñecida pola súa universidade, especializada en ciencias económicas e medio ambiente. Nesta cidade morreu en 1886, Franz Liszt. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas |