Cariofiláceas
Caryophyllaceae é unha familia de herbas, máis raramente arbustos ou subarbustos. Os talos adoitan presentar nós engrosados que, ocasionalmente, teñen crecemento secundario anómalo. As follas son opostas (algunhas especies presentan follas alternas) simples, enteiras, usualmente son estreitas e acostuman estar conectadas por unha liña transversal na base. Poden ter ou non estípulas. As flores preséntanse en cimas dicasiais, tamén solitarias. Adoitan ser regulares, hermafroditas, rara vez unisexuais, hipóxinas, ou, ás veces, períxinas. Poden ser pentámeras ou, máis raramente, tetrámeras. Os sépalos atópanse libres ou case libres ou ben poden estar soldados formando un tubo cun anel nectarífero no interior. O froito adoita ser unha cápsula dehiscente por tantas valvas (ou o dobre) que estilos, tamén pode ser utricular e entón adoita encerrar o cáliz ou o hipanto. Algunhas especies teñen o froito en baga. As sementes acostuman estar ornamentadas. SubfamiliasTribosXénerosA familia consta de 88 xéneros cunhas 2000 especies, como importantes: Véxase tamén
Information related to Cariofiláceas |