Coin World
Coin World é unha revista numismática estadounidense de periodicidade semanal e mensual.[1] Trátase dunha das revistas non académicas máis populares entre os coleccionistas de moedas dos Estados Unidos e abrangue todos os campos da numismática, entre eles as moedas, os billetes, as fichas comerciais e as medallas. HistoriaFundación e primeira época (1960-1962)Coin World foi fundada como unha revista de periodicidade semanal en 1960 por J. Oliver Amos, un profesional pertencente á terceira xeración de editores de xornais.[2][3] Amos levou ao mundo da numismática a súa experiencia como editor do The Sidney Daily News un xornal local da localidade de Sidney, en Ohio, e aplicou ó que aprendera coa edición da revista filatélica Linn's Stamp News. En 1960, o concepto dunha publicación semanal era anovador; no 25º aniversario de Coin World en 1985, Amos indicou que el vira "todas as oportunidades que se poderían desenvolver a partir dunha aparición semanal: reunións de clubs por todo o país, personalidades e moitas outras ideas aprendidas coa publicación de The Sidney Daily News como un xornal comunitario".[4] Coa colaboración de James F. Kelly, de Ohio, concibiuse a idea de incluír unha sección semanal de tendencias que reflectise os cambios no valor das moedas no mercado.[5] Kelly foi contratado para ser o editor inaugural de Coin World Trends, e D. Wayne Johnson, de Kansas, foi o escollido para ser o editor xefe inaugural.[6] A edición de mostra de Coin World (volume 1, número 0) imprimiuse en marzo de 1960, e as súas oito páxinas deseñáronse para lles amosar aos potenciais subscritores e anunciantes o aspecto da nova publicación. O primeiro número de tiraxe regular saíu á rúa o 21 de abril dese mesmo ano. Un ano despois, a publicación tiña xa 53.000 subscritores de pagamento.[7] Etapa de Margo Russell (1962-1985)
Margo Russell converteuse en editora de Coin World en 1962.[8] Russell comezara a súa traxectoria xornalística no The Sidney Daily News e inicialmente unírase ao quipo de Coin World staff como investigadora histórica.[9] Logo da súa xubilación como editora o 28 de febreiro de 1985, logo de 23 anos no posto, moitos numismáticos considerábana unha das persoas máis influentes no terreo numismático estadounidense e coñecíana como a "primeira dama da numismática”.[10] En 1975, Russell recibiu o premio Farran Zerbe Memorial, o máis alto recoñecemento da American Numismatic Association, e en 1986 foi incluída no Salón da Fama desta entidade.[11][12][13] No período de Russell, a publicación xogou un papel relevante na promoción do coñecemento da numismática como afección, ao manter estreitas relacións coa Casa da Moeda dos Estados Unidos. Russell soubo asumir os desexos e as inquedanzas dos coleccionistas numismáticos.[14] Etapa de Beth Deisher (1985-2012)
Logo do retiro de Margo Russell en 1985, foi sucedida por Beth Deisher como editora da revista, posto no que permaneceu ata 2012.[15] Na etapa de Deisher como editora a revista foi testemuña, en 1995, do nacemento do programa de cuñaxe das 50 moedas de medio dólar conmemorativas de cada estado dos EEUU.[16] Durante este mandato comezou a editarse un suplemento da revista titulado Coin World's Coin Values, que se publicou ata 2012.[17] Etapa de Steve Roach (2012-2015)Steve Roach, que ata a data fora editor asociado, asumiu o cargo de editor xefe do Coin World o 30 de abril de 2012.[15] Nesta época a revista amplía a súa cobertura ás noticias dun ámbito numismático máis global, como é o caso da gran cantidade de falsificacións chinesas de moedas que inundou o mercado.[18] Etapa de William T. Gibbs (desde 2015)William T. Gibbs incorporouse á redacción de Coin World como editor axudante en 1976 e foi nomeado editor xefe o 1 de maio de 2015, logo de pasar por outros postos. Desde a súa posición actual, dirixe todas as publicacións de Coin World, tanto impresas como en liña, o que inclúe tamén a edición de libros.[19] En marzo de 2019, Coin World lanzou un potcast semanal presentado polos editores asociados Chris Bulfinch e Jeff Starck.[20] En marzo de 2021 editouse un libro a modo de suplemento en conmemoración do 60º aniversario de Coin World, titulado Coin World Celebrating 60: The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Este volume foilles enviado aos subscritores conxuntamente co número de marzo de 2021, e nel faise unha listaxe das persoas máis influentes na numismática estadounidense durante esas seis décadas, como resultado dunha votación dos seus lectores.[21][22] ContidosEn cada número, a revista presenta unha serie de seccións fixas, ademais do noticias de actualidade:
Notas
Véxase taménLigazóns externas |