Consorcio de Santiago
O Consorcio de Santiago é un organismo nacido no ano 1991 (Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela), a partir da reformulación dun organismo que xa existía dende 1964, co obxectivo principal de coordinar e promover as accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela, orientadas á preservación e revitalización da cidade de Santiago de Compostela e do seu patrimonio cultural, nos seus aspectos histórico-artísticos e arquitectónicos, e tamén á difusión dos valores europeístas e ao desenvolvemento e potenciación das actividades turísticas e culturais vinculadas co Ano Santo Xacobeo. A súa sede áchase no Pazo de Vaamonde, na rúa do Vilar nº 59. No ano 2005 contou cun orzamento de 20 millóns de euros. Véxase taménLigazóns externas |