Dólar australianoPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dólar.
O dólar australiano é a moeda oficial de Australia, incluíndo o Territorio Antártico Australiano, a Illa de Nadal, as Illas Cocos, a Illas Heard e illas McDonald e a Illa de Norfolk, así como dos estados independentes do Pacífico de Kiribati (xunto co dólar de Kiribati), Nauru e Tuvalu (xunto co dólar tuvalés). Normalmente abréviase como $, A$ ou AU$ para diferencialo doutros tipos de dólar o seu código ISO é AUD. Divídese en 100 céntimos (cents). Outras denominaciónsEn inglés adoita chamárselle tamén Aussie battler ("batallador australiano"); durante un período de perda de valor respecto ao dólar estadounidense (entre os anos 2001 e 2002), ás veces era denominado localmente Pacific peso ("peso do Pacífico"). HistoriaO dólar australiano foi introducido o 14 de febreiro de 1966 para substituír a libra australiana (que xa ía moito tempo que se diferenciara da libra esterlina), non só como unha simple substitución da antiga moeda, senón tamén como unha nova unidade monetaria que empregaba o sistema decimal. Cada libra australiana dividíase en 20 xilins, que á súa vez dividíanse en 12 peniques, o troco que se aplicou foi de dous dólares por libra, isto é, dez xilins por dólar. O primeiro ministro australiano Robert Menzies quería nomear á nova moeda royal (é dicir, "real"), e tamén propuxéronse outras denominacións como austral. A pesar de que as primeiras emisións do Banco de Reserva de Australia xa se realizaran na imprenta baixo o nome de royal, este nome tan infrecuente non acadou moita popularidade e foi desprazado en favor da denominación dólar.[1] Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |