FitopatoloxíaA fitopatoloxía[1] (tamén chamada patoloxía vexetal) é a ciencia que se ocupa do estudo, diagnóstico e control das doenzas das plantas. Cobre o estudo dos axentes infecciosos que atacan plantas e desordes abióticas ou enfermidades fisiolóxicas, mais non inclúe o estudo de danos causados polos herbívoros coma insectos ou mamíferos. Calcúlase que no mundo se perden arredor do dez por cento da produción dos alimentos por mor das doenzas das plantas. Historia e definiciónsAs doenzas das plantas son coñecidas dende a antigüidade, mais xeralmente eran atribuídas a forzas sobrenaturais. A primeira enfermidade vexetal para a que describiu unha orixe patolóxica foi a carie ou carbón do trigo producida por Tilletia caries. Corresponde aos fitopatólogos o mérito de ser os primeiros en identificar un virus, o TMV (virus do mosaico do tabaco). Tamén é un fito histórico o primeiro funxicida usado para o control dunha doenza vexetal, o caldo bordelés, unha mestura de sulfato de cobre e cal. Factores bióticosSon varios os factores que se teñen de ter en conta para valorar a incidencia dun patóxeno sobre un organismo hospedador. Por unha banda a agresividade dun patóxeno que se define como a súa capacidade de penetración, de difusión no hospedador e de crecemento nos tecidos deste. Trala inoculación e incubación do patóxeno, o hospedador pode sufrir diversos tipos de danos e aparece a doenza. Neste caso disque o patóxeno está dotado de agresividade ou virulencia. En caso contrario, considérase desprovisto dela. Por outra banda os patóxenos poden presentar diferentes graos de dependencia do seu hospedador, diferénciase habitualmente dous grupos de parasitos:
O concepto de susceptibilidade é importante á hora de analizar a incidencia e severidade dun patóxeno nun vexetal. Considérase que unha planta é susceptíbel cando posúe a calidade de se converter en sede dunha infección, é dicir, de servir de hospedador a un patóxeno. Deste xeito unha planta é susceptíbel a un patóxeno cando este é quen de penetrar, infectar e orixinar na planta os síntomas característicos da enfermidade. Concepto oposto á susceptibilidade é a resistencia, propiedade dunha planta para se opor á penetración e, polo tanto, á infección, non aparecendo síntomas. Esta susceptibilidade pode ser natural, ou inducida segundo dependa de factores xenéticos ou estea influída polo medio ambiente. Unha calidade intermedia entre susceptibilidade e resistencia é a tolerancia. Unha planta é tolerante cando o patóxeno pode penetrar mais non aparece infección nin síntomas. No desenvolvemento dunha doenza pódense diferenciar diferentes etapas:
Clasificación dos patóxenos de plantasFungi (Fungos verdadeiros)A meirande parte dos patóxenos de plantas son fungos das divisións ascomicetos, basidiomicetos ou oomicetos. Unha doenza fúnxica pode ser descrita como policíclica se o axente causal é quen de producir esporas e tornar infectar plantas durante unha tempada de crecemento, ou monocíclica se o axente causal debe agardar unha nova tempada. Esta clasificación aplícase a rexións con catro estacións onde os patóxenos deben producir estruturas específicas para sobrevivir ao inverno. Os fungos fitopatóxenos tamén poden ser definidos polos tipos de esporas que producen e polo método polo cal penetran na planta. Unha vez que o patóxeno penetrou produce un haustorio e medra dentro da planta (alimentación biotrófica), ou mata as células do seu arredor e se alimenta do tecido morto (alimentación necrotrófica). A identificación dos patóxenos realízase baseándose nos sinais e síntomas da enfermidade. Sinais refírese á observación dalgunha das estruturas do patóxeno (como esporulación). Síntomas son evidencia secundaria producida pola planta de que un patóxeno esta presente (como o murcho das follas). As principais doenzas causadas polos fungos son mildios, oídios, ferruxes, carbóns, bugallos e deformacións, necroses, chancros, murchamentos foliares, vasculares etc., podremias radiculares, de flores, de froitos etc. e micose post-recolección etc. Basidiomicetos (Basidiomycetes)
Oomicetos (Oomycetes)
Quitridiomicetos (Chytridiomycetes)Deuteromicetos (Deuteromycetes)ProcariotasAs bacterias tipicamente colonizan espazos intercelulares en distintos órganos ou o xilema arrodeadas de polisacáridos superficiais, fundamentalmente exopolisacáridos (EPS) que aumentan a súa virulencia. Moitas segregan toxinas que causan danos celulares, entre elas encimas que degradan paredes celulares. Algunhas, como Agrobacterium tumefaciens transfiren parte do seu ADN nun plásmido, o ADN-T, á célula hóspede. Os xenes esenciais para a infección (xenes de resposta hipersensíbel, hrp) aparecen asociados nun clúster de patoxenicidade. Moitos dos cales son semellantes ao de bacterias patóxenas en animais, posibelmente por mor á transferencia horizontal e posterior evolución até se especializar na infección de distintos hóspedes. Virus e viroidesA patoxenia causada por virus é moi característica en canto a que o patóxeno se incorpora a si mesmo no metabolismo da célula hospedadora. Despois de infectar unha célula vexetal viva, o virus libérase da súa tona proteica e introduce o seu material xenético no interior do hospedador. O xenoma viral tradúcese e duplícase, ensamblándose numerosas partículas virais novas, que utilizan o ácido nucleico e as proteínas recentemente sintetizadas. O movemento dos virus dende o lugar de infección a células veciñas realízase vía simplasto a través de plasmodesmos modificados para permitir o paso de grandes moléculas (como as nucleoproteínas virais), previa indución de proteínas de movemento (MPs). Unha vez no floema, a velocidade de movemento ao resto da planta increméntase notabelmente. A meirande parte dos virus que atacan a plantas son virus ARN monocatenarios.
Nematodos (Nematoda)Os nematodos infectan sempre o sistema radicular. Son biotróficos, posúen un estilete oco capaz de atravesar as paredes celulares; moitos modifican o metabolismo da célula infectada e inducen estruturas especializadas nela para se nutrir, como as células xigantes resultantes da fusión de varias células por disolución parcial das súas paredes ou por mitose sen citoquinese. Algunhas formas son ectoparásitos, e se alimentan dende a tona celular, outros son endoparásitos, e invaden o tecido radicular, onde transcorre gran parte do seu ciclo vital, formando quistes. Dentro dos xéneros de nematodos fitoparásitos atópanse Meloidogyne, Xiphinema, Heterodera, Globodera, Pratylenchus, Ditylenchus, Criconemella (Mesocriconema), Helicotylechus, Longidorus, Trichodorus, Paratrichodorus, Belonolaimus, Radopholus, entre outros. Os principais síntomas que ocasiona o ataque de nematodos en plantas son lesións radicais como bugallos ou raíces artríticas e a conseguinte manifestación na parte aérea da planta en forma de fraqueza e problemas no crecemento e desenvolvemento de follas e froitos por mor da falla de nutrientes. ProtozoosPlantas parasitasSon numerosas as especies de vexetais parasitos que moran a expensas doutras plantas quer sobre o pé da planta coma o visgo ou no chan parasitando as raíces como Cuscuta epithymum. Adoitan diferenciarse dous tipos de organismo vexetal parasito atendendo á presenza ou non de clorofila, as plantas holoparasitas son aquelas cuxa alimentación depende totalmente do seu hospedador ao seren incapaces de realizar actividade fotosintética, as hemiparasitas posúen unha certa independencia do hospedador aínda que polo xeral non poden sobrevivir sen el. Son importantes familias de plantas parasitas e hemiparasitas:
Factores abióticosDesordes abióticas ou fisiolóxicasDesordes abióticas significantes causadas pola contorna que arrodea as plantas, é dicir, son abióticas, porque as súas alteracións fisiolóxicas danse de xeito natural.
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externasBibliografía(En castelán)
|