Galegos no Reino UnidoOs galegos no Reino Unido son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron no Reino Unido. No ano 2016, eran arredor de 13 902 habitantes.[1] A inmigración galega no Reino Unido formou unha das comunidades de galegos máis importantes en Europa, sendo a cuarta diáspora galega nun país europeo.[2][3] O Reino Unido ocupa o décimo lugar do mundo con máis presenza galega, por detrás doutros países europeos como Alemaña, Suíza ou Francia. HistoriaHistoricamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.
Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigos
|