Georges Méliès
Marie Georges Jean Méliès, nado en París o 8 de decembro de 1861 e finado o 21 de xaneiro de 1938, foi un mago, actor e realizador de cine francés. Liderou moitos dos desenvolvementos técnicos e narrativos nos primeiros anos do cine, principalmente nos xéneros de fantasía e ciencia ficción. Méliès saltou á fama creando "películas con trucos" e fíxose coñecido polo seu uso innovador de efectos especiais, popularizando técnicas como o stop trick, exposicións múltiples, fotografía time-lapse, fundidos e coloración a man. Tamén foi un dos primeiros cineastas en utilizar storyboards no seu traballo. Entre as súas películas máis importantes destacan Le Voyage dans la Lune (1902) e Le Voyage à travers l'impossible (1904). TraxectoriaNaceu nunha familia de fabricantes de zapatos de luxo. Despois dos estudos secundarios quere ser pintor, traballa un tempo na empresa do seu pai Jean Louis Stanisla Méliès (decátase alí sobre todo do oficio de mecánico que lle será moi útil a continuación na súa carreira). En 1883 o seu pai enviouno a Londres para perfeccionar alí o seu inglés. É coñecido polos desenvolvementos que achegou ás técnicas do cine, esencialmente dos argumentos e das falsificacións. É considerado como o pai dos efectos especiais, o primeiro realizador, o creador do primeiro estudio de cine en Francia así como un dos primeiros iniciadores do cine de diversión. O seu filme Le Voyage dans la Lune (1902) converteuse o 30 de maio do 2002 na primeira película incluída no Patrimonio Mundial da UNESCO.
|