Grao sesaxesimalUn grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal. Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica. Para estabelecer o grao, os babilonios dividiron o círculo en 360 partes iguais, pois esa era a cantidade de días referente ao período dun ano e porque o seu sistema de numeración era de base sesenta. Outra herdanza dos babilonios é a división en minutos e segundos, e así temos o minuto sexaxesimal (′, arcmin), e o segundo sexaxesimal (″), que están definidos do seguinte xeito:
Notación decimalUnha cantidade en graos pódese expresar tranquilamente en forma decimal, sen recorrer a minutos nin segundos, separando a parte enteira da fraccionaria coa coma decimal. Por exemplo:
Para pasar á notación sesaxesimal, collemos os decimais de grao, multiplicámolos por sesenta e obtemos os minutos. Se obtiveramos decimais nos minutos, tomariamos estes decimais e multiplicariámolos novamente por sesenta, obtendo así os segundos. Notación sesaxesimalPodemos expresar unha cantidade en graos, minutos e segundos, expresando as partes de grao inferiores ao segundo como parte decimal deste, por exemplo:
Como norma xeral de notación, non se deixan espazos entre as cifras. Podemos pasar á forma decimal a medida dun ángulo en representación sesaxesimal tendo en conta que:
Así:
Relación entre radiáns e graosPartido de que unha circunferencia completa ten radiáns, e que unha circunferencia ten 360°, temos logo: Facendo unha regra de tres chégase a que a relación de conversión de graos a radiáns é: Logo temos que, para un ángulo x dado en graos, o seu equivalente X en radiáns é: e ao revés, un ángulo X dado en radiáns, o seu equivalente x en graos é: Véxase taménOutros artigos
Ligazón externa |