Intelligentsia
A intelligentsia (do latín: intelligentia) é unha clase social formada por persoas involucradas en complexas actividades intelectuais e creativas orientadas ao desenvolvemento e a diseminación da cultura, incluíndo intelectuais e grupos sociais próximos a eles. O termo foi tomado ou ben do ruso, unha transliteración de ("intelliguéntsiya") ou ben do polaco. Os dous derivaron en principio da palabra francesa "intelligence". Ao comezo, o termo aplicouse no contexto de Polonia, Rusia e máis tarde, á Unión Soviética, e tivo un significado máis estreito baseado na autodefinición dunha certa categoría de intelectuais. Historia do conceptoA noción dunha elite intelectual como un estrato social distinguido ten orixes afastadas na historia. Por exemplo, os reis filósofos e os gardiáns da República de Platón e os monxes da Europa Medieval, quen agora son vistos como custodios da historia e a cultura. O primeiro uso do termo "intelligentsia" (en ruso: интеллигенция) parece ocorrer no Imperio Ruso na primeira metade do século XIX. Por exemplo, a palabra aparece casualmente nos diarios de Vasily Zhukovsky, datados en 1836. En Polonia, ou máis precisamente Gran Polonia (que era entón parte de Prusia) o termo foi popularizado nun sentido máis próximo ao presente polo filósofo polaco Karol Libelt, e o seu uso estendeuse na ciencia polaca logo da publicación da súa "O miłości ojczyzny" (Sobre o amor á patria) en 1844, na cal define "inteligencja" como aqueles membros educados da poboación que asumen un rol de liderado como académicos, profesores, clero, enxeñeiros e "que se guían pola razón do seu superior esclarecemento". O termo foi tamén popularizado por un escritor ruso, Pyotr Boborykin, na década de 1860. Boborykin proclamouse como "avó" da noción en 1904. Daquí a noción estendeuse ao inglés e outros idiomas. En inglés, a palabra aplícase frecuentemente para describir a "intelligentsia" nos países de Europa Central e Europa do Leste no século XIX e XX. A distinción está baseada en que a situación cultural e económica dos intelectuais neses países é diferente á que existe en Europa Occidental ou en Norteamérica. A emerxencia de clases de elite de intelectuais ou persoas con boa formación intelectual foi observada noutros países de Europa (por exemplo, "intellectuels" en Francia e "Gebildete" en Alemaña). Con todo, no Imperio Ruso este proceso tivo características propias. Estas diferenzas foron causadas por distintos procesos históricos, cuxa influencia está aínda en disputa polos historiadores. A presenza de réximes autocráticos de longa duración ou un baixo nivel de educación xeral nestes países durante o século XIX cóntase entre estes factores. Esta situación puido motivar aos intelectuais locais a elaborar un sistema de valores comúns e un sentido de empatía mutua. Adicionalmente, a intelligentsia en Europa Central e do Leste, dividida maiormente en cuestións nacionais, desenvolveu un sentido de responsabilidade pola propia nación, incluíndo o credo de que o progreso desta dependía do nivel cultural da intelligentsia nacional. Esta confianza levou con frecuencia á intelligentsia de Europa do Leste a ocupar o rol dunha inexistente oposición política, e as posicións tomadas pola intelligentsia tiveron consecuencias significativas nas revolucións ou movementos de liberación nacional en Europa Central e do Leste. Véxase taménLigazóns externas
|