Jan FischerPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fischer.
Jan Fischer, nado o 2 de xaneiro de 1951, é un técnico burócrata checo que ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República Checa dende o 8 de maio de 2009 até o 28 de xuño de 2010. TraxectoriaJan Fischer naceu en Praga, nese entón capital da desaparecida Checoslovaquia o 2 de xaneiro de 1951 no seo dunha familia xudía de matemáticos. O seu pai era un investigador no Instituto de Matemáticas da Academia de Ciencias, especializado en matemáticas e estatística para o desenvolvemento de aplicacións matemáticas orientadas á xenética (cada vez máis selectivas) e ao medicamento. A súa nai era unha experta en estatística aplicada aos seguros. Fischer graduouse da Universidade de Economía de Praga o 1974 en materia de estatística e econometría. Inmediatamente despois da súa gradación, obtivo un emprego no Instituto de Investigación de Información Socioeconómica, dependente da gobernamental Oficina Federal de Estatística de Checoslovaquia. Fischer completou os seus estudos de posgrao na Universidade de Economía en 1985, obtendo o grao de Candidato de Ciencias (un grao académico dos antigos países comunistas de Europa Oriental, que estaba un chanzo por baixo de Doutor en Ciencias) no ámbito das estatísticas económicas. Foi membro do gobernante Partido Comunista de Checoslovaquia desde 1980 até a caída do réxime comunista en 1989.
|