Share to:

 

José Quiroga Méndez

Modelo:BiografíaJosé Quiroga Méndez
Biografía
Nacemento14 de maio de 1707 Editar o valor en Wikidata
O Fabal, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 1784 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Boloña, Italia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1080511 BUSC: quiroga-jose-1707-1784

José Quiroga Méndez, nado no Fabal (Vilasante, Cervantes) o 14 de maio de 1707 e finado en Boloña o 23 de outubro de 1784, foi un mariño e relixioso galego.

Traxectoria

Nado no pazo do Fabal. Cursou estudos na Escola Naval Española. En 1736 ingresou na Compañía de Xesús, estudou Artes en Santiago de Compostela e foi ordenado sacerdote. En 1745 marchou a Arxentina, onde destacou como cartógrafo e matemático. Fundou a cátedra desta materia na Universidade de Córdoba e foi profesor no colexio de San Ignacio de Buenos Aires. Explorou, por orde de Filipe V, as costas meridionais de Río da Prata ata o estreito de Magallanes. En 1767 foi expulsado da Arxentina e marchou desterrado a Italia. Foi o mellor cartógrafo español do século XVIII e a el débense os mellores traballos cartográficos dese século, manuais da navegación e o primeiro plano da cidade de Bos Aires, coñecido polo nome do seu divulgador Charlevoix. Realizou un Mapa de las misiones de la Compañía en los ríos Paraná y Uruguay (1749).

Obras

  • Relación del viaje a la costa de los Patagones.
  • Tratado del arte verdadero de navegar, 1784.
  • Breve noticia del viaje por el río Paraguay.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya