Lesotho
Lesotho,[1] cuxo nome oficial é Reino de Lesotho (en sesotho Muso oa Lesotho, "O País dos que falan Sesotho"), é un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia. HistoriaA terra de Basutolandia foi renomeada como reino de Lesotho despois da súa independencia do Reino Unido no 1966. O rei Moshoeshoe exiliouse no 1990. No 1993, o goberno constitucional foi restaurado despois un período de espera de 23 anos durante os que o dirixiron os militares. No 1998, protestas violentas asociadas provocaron a intervención breve, mais sanguenta, do exército surafricano no momento das eleccións. Outra reforma constitucional restableceu a estabilidade do país. PolíticaDende o 7 de febreiro do 1996, o rei Letsie III reina sobre o Lesotho sucedendo ao seu pai. Subdivisións
O reino de Lesotho atópase dividido en 10 distritos:
XeografíaO relevo do Lesotho é moi montañoso, e o país é chamado «Un reino no ceo», o que o describe moito, xa que todo o país está a máis de 1400m de alto. O seu punto cumio é o Tabana Ntlenyana de 3482m de alto. O inverno é de xuño a agosto, con temperaturas preto dos 0 °C. Entón podes ver a neve sobre das montañas. A estación das choivas comeza en outubro e remata en abril. Economía
DemografíaMáis do 99% da poboación de Lesotho son etnicamente basotho; outros grupos étnicos inclúen europeos e asiáticos. A poboación do país é 80% cristiá, a maioría deles católicos romanos. Outras relixións son o islam, o hinduísmo e varias crenzas indíxenas. O sesotho e o inglés son os idiomas oficiais, outros idiomas inclúen o zulú e xhosa. O problema da SIDADo mesmo xeito que en moitos outros países da África subsahariana, a SIDA converteuse nun auténtico problema. A data de hoxe,[cando?] o 29% da poboación é portadora do virus ou desenvolveu a enfermidade, e os datos de organismos internacionais estiman que a porcentaxe subirá ata o 35% nos próximos anos. A consecuencia máis palpable deste fenómeno é a espectacular caída da esperanza de vida ata os 37 anos. O goberno nacional tardou en recoñecer a gravidade do problema, e as súas medidas para frear as consecuencias de devandita enfermidade non comezaron a levarse a cabo ata 1999. En devandito ano, organismos gobernamentais finalizaron o seu plan estratéxico contra a SIDA, reforzado nos vindeiros anos con novas propostas tanto no ámbito da educación, a prevención ou o tratamento. A este problema, debe sumarse a falta de persoal médico especializado no país. Notas
|