Libélula
As libélulas son uns insectos carnívoros que pertencen á orde dos odonatos (Odonata). Esta orde inclúe, entre outras especies, as libélulas[1] e cabalos do demo.[2] O grupo apareceu na Terra durante o Triásico. CaracterísticasAs características distintivas das libélulas son as seguintes:
Hábitat e distribuciónEste grupo ten unha distribución mundial e ten preferencia por hábitats nas inmediacións de cursos de auga estancada (pozas ou lagos temporais), zonas pantanosas ou preto de ribeiras e regatos. CostumesAs libélulas son predadoras, alimentándose doutros insectos, como mosquitos e moscas. As larvas de libélula (no estadio de ninfa) son acuáticas, carnívoras e extremadamente agresivas, e poden alimentarse non só de insectos senón tamén de peixes xuvenís. Non teñen a capacidade de picar, porque as súas mandíbulas están adaptadas á mastigación. Dentro do seu ecosistema, son bastante útiles no control das poboacións de mosquitos e das súas outras presas, prestando así un servizo importante ao ser humano. As libélulas adultas cazan baseándose no seu sentido da visión, extremadamente agudo. OrixeO grupo xurdiu no Triásico,[3] sendo bastante abundantes no período Carbonífero, e conserva ata hoxe as mesmas características xerais. As maiores libélulas de sempre pertencen ao xénero Meganeura, que floreceu no Permiano e podían atinxir envergaduras de 70 a 75 cm. TaxonomíaDescriciónA orde foi descrita en 1793 polo naturalista, entomólogo e economista danés Johan Christian Fabricius (1745-1808).[4] EtimoloxíasNome científicoFabricius cuñou o termo Odonata unindo o elemento odon-, derivado da palabra do grego antigo οδούς, οδόντoς odoús, odontos, "dente", coa forma sufixa do latín científico -ata, indicando substantivo neutro plural, porque aparentemente estes animais teñen dentes nas súas mandíbulas (aínda que a maioría dos insectos tamén teñen mandíbulas dentadas).[5][6] Nome vulgarLibélula vén do latín libellula, palabra coa que os antigos romanos designaban a estes animais. A palabra é un diminutivo de libella, "o nivel da balanza" que, á súa vez, é un diminutivo de libra, "balanza" (e tamén o nome da unidade de peso equivalente a 12 onzas). Segundo parece, estes insectos deben o seu nome á súa capacidade de permaneceren suspendidos e equilibrados no aire. O termo foi introducido na sistemática no século XVIII, cando Linneo creou o xénero Libellula na 10ª edición do seu Systema Naturae (1758).[7] ClasificaciónOrde Odonata
Nomes vulgares galegosOs entomólogos galegos empregan diferentes nomes para distinguir os membros das distintas familias, entre eles: Cabaliños, candís, donceliñas, emperadores, esmeraldas, gaiteiros, gaiteiriños, lavacús, libélulas (para os anisópteros), libeliñas, patexas, quitaollos e tizóns.[8][9][10][11] Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|