Liña de ferrocarril León-A Coruña
A liña León-A Coruña , tamén coñecida historicamente como a liña Palencia-A Coruña , é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española . Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León , Ourense , Lugo e A Coruña . Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800 .[ 3]
Características
Segundo a Declaración da Rede de Adif na súa actualización de 2013,[ 4] a liña está electrificada a 3 kV de corrente continua mediante fío aéreo entre León e Monforte de Lemos , así como a 25 kV de corrente alterna na estación da Coruña , e é de vía única.
No referente á sinalización, toda a liña está dotada de Control de Tráfico Centralizado (CTC), con Bloqueo Automático de Vía Única (BAU) entre León e Monforte de Lemos e Bloqueo de Liberación Automática en vía única (BLAU) entre Monforte de Lemos e A Coruña .
O viaduto da Chanca, sobre o río Rato , ergueito nas proximidades da estación de Lugo , é unha das construcións máis senlleiras desta liña.
Servizos ferroviarios
Viaxeiros
A liña é usada tanto por trens de Longa como de Media distancia operados por Renfe Operadora . Os servizos están distribuídos en dous tramos ben diferenciados.
O tramo de León a Monforte de Lemos é utilizado polos seguintes trens:
O tramo entre Monforte de Lemos e A Coruña úsano:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Casares Alonso , Aníbal (1973). Estudio histórico-económico de las construcciones ferroviarias españolas en el s. XIX (en castelán ) . Madrid: Escuela Nacional de Administración Pública.
Cunqueiro , Álvaro (1980). Vigo en su historia (en castelán ) . Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo.
García Raya , Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF) . IV Congreso Historia Ferroviaria: Málaga, septiembre de 2006 (en castelán ) (Consejería de Obras Públicas y Transportes de la Junta de Andalucía).
Pedrosa Sanz , Rosario (1987). Capital extranjero en la industria de Castilla y León (en castelán ) . Universidade de Valladolid.
Rodríguez Lázaro , Javier (2000). Los primeros ferrocarriles (en castelán ) . Madrid: Ediciones Akal.
Wais , Francisco (1974). Historia de los Ferrocarriles Españoles (en castelán ) . Madrid: Editora Nacional.
Wolmar , Christian (2019). A Short History of Trains (en inglés ) . Londres: Dorling Kinderley.
Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas e paradas
06-832
Agulla km 545,4 - Bifurcación
San Diego Só mercadorías
06-842
Bif. Río Sar - Bif. da Grandeira Ag. km 0,729
(
2015 - actualidade)
Largo estándar internacional (1435 mm)
(en proxecto)
(en proxecto)
Servizos