Mosteiro de Montserrat
O mosteiro de Santa María de Montserrat é un mosteiro beneditino situado en Cataluña. Atópase na montaña de Montserrat, pertencente á comarca do Bages, provincia de Barcelona, a unha altura de 720 metros sobre o nivel do mar. Administrativamente pertence ao municipio de Monistrol de Montserrat, aínda que algúns dos seus terreos próximos entran no termo de Collbató. Coa súa imaxe da Virxe de Montserrat, é un símbolo para Cataluña e converteuse nun punto de peregrinación para crentes e de visita obrigada para os turistas. Dentro das diferentes accións que se desenvolven en Montserrat destaca a escolanía, que é un dos coros de nenos cantores máis antigos de Europa. O santuario de Montserrat, xunto cos santuarios de Torreciudad, El Pilar e Lurdes conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, posuidor dunha gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural. Galería de imaxes
Véxase taménLigazóns externas
|