Normalización lingüística
A normalización lingüística, obxectivo do ecoloxismo lingüístico, é o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade. Supón a recuperación dun status de normalidade dunha determinada lingua, é dicir, conseguir que o seu uso oral e escrito sexa natural en calquera das situacións da vida cotiá dos falantes. Aínda que ambos os dous conceptos van intimamente ligados,non debe confundirse con normativización, que é o proceso de estandarización ou fixación formal de todo o corpus da lingua.
Factores normalizadoresO proceso normalizador depende para o seu avance de tres factores:
Normalización vertical e horizontal do galegoA normalización individual (normalización vertical ou do individuo) non se pode acadar sen un proceso consciente e voluntario de galeguización, pois na sociedade galega de hoxe non se dan os condicionantes socioculturais e políticos que permitan ó individuo acceder á expresión completa en galego dunha maneira natural, espontánea e involuntaria.. Así, a normalización lingüística vertical (individual) require un importante esforzo persoal e, aínda que é un fenómeno en aumento, resulta insuficiente, non xa para avanzar no proceso normalizador, senón mesmo para contrarresta-la progresiva perda de usuarios. Na actual situación, a normalización lingüística horizontal, aquela que se produce galeguizando ámbitos, sectores ou áreas da vida social, é a que se presenta como camiño viable e factible de expansión do galego, a que se pode atinxir dunha maneira progresiva no conxunto da sociedade. Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externas
|