Novo MéxicoPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Novo México (homónimos).
Novo México[1] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Limita ao norte co Colorado, ao leste co Oklahoma e Texas, ao sur con Texas e México, e ao oeste co Arizona. Novo México posúe a maior porcentaxe de hispanos do país: o 42,1% posúe orixe hispánica, sendo os dous maiores grupos étnicos - españois, que forman 24% da poboación do Estado, e mexicanos, 18%. Cerca do 41% da poboación é católica, e un 35% son protestantes. O Estado tamén posúe unha gran poboación indíxena. En 2003, o produto interno bruto do Novo México foi de 57 000 millóns de dólares, e a renda per capita, de 24 995 dólares, antepenúltimo no país. A economía do Estado baséase no turismo, no comercio, e na pecuaria. A actual Constitución do Novo México foi aprobada en 1912. Novo México foi inicialmente colonizado polos españois, pasando a control mexicano en 1821, coa independencia da mesma, como unha das provincias mexicanas. En 1848, co fin da Guerra mexicano-americana, Novo México foi anexionado polos Estados Unidos. Galería de imaxesNotas
|