Ordenamento xurídicoO ordenamento xurídico (orde xurídica) é o conxunto de normas que rexen nunha determinada época e nun lugar determinado. No caso dos estados democráticos, o ordenamento xurídico está formado pola Constitución do Estado, que se edifica como a norma suprema, polos códigos de dereito público e privado, as leis (nos seus diversos tipos e clases), os regulamentos e outras regulacións menores en cantidade (que non en importancia), tales como os tratados, convencións etc. Fai referencia a ese dereito obxectivo, é dicir, ao conxunto de normas polas que se rexe unha sociedade. Pódese definir como un conxunto sistemático de regras, principios ou directrices a través das cales se regula a organización da sociedade. Notas e característicasO ordenamento xurídico caracterízase polo seguinte:
Segundo o profesor Díez Picazo, o ordenamento xurídico é unha realidade orgánica, é dicir, non é un novo conxunto de normas senón que tamén son as formas de elaboración, desenvolvemento, aplicación e axuizamento. O ordenamento xurídico caracterízase pola estatalidade das normas xa que estas son ditadas polos órganos aos que a constitución atribúe potestade normativa. Outra característica é a unidade formal do ordenamento xurídico, é dicir, cada tipo de norma en función da súa fonte de produción vai ser igual ás que seguen a súa mesma forma aínda que o contido sexa distinto. Outra característica do ordenamento xurídico é que é o resultado da harmonización de dúas ou tres ordes normativas: No caso do Estado Español: ordenamento estatal, ordenamento autonómico e ordenamento comunitario. No caso de estados federais como Estados Unidos, Brasil, México ou Canadá: ordenamento xurídico federal e ordenamentos xurídicos das entidades federativas. OrixeExisten polo menos dúas concepcións da orixe do ordenamento xurídico:
O ordenamento xurídico como sistemaCando unha orde xurídica é un conxunto de normas que interactúan entre si e están interconectadas fálase de sistema xurídico. Segundo o xurista inglés da Universidade de Oxford, Herbert H. Hart, o dereito está formado por dous tipos de regras xurídicas: as regras xurídicas primarias que impoñen obrigas de conduta (por exemplo, a regra segundo a cal é obrigatorio pagar impostos), mentres que as regras xurídicas secundarias confiren potestades para que algunhas persoas introduzan regras primarias (por exemplo, a regra que faculta á Cámara de Deputados a fixar os impostos). Un sistema xurídico é, de acordo con Hart, un conxunto de regras xurídicas primarias e secundarias que goza de certa eficacia. Límites do ordenamento xurídico
PrincipiosA maioría dos ordenamentos xurídicos contemporáneos baséanse en principios:
Clases: Ordenamento simple e complexo
Plenitude e coherenciaA plenitude do ordenamento xurídico consiste en que, segundo algúns autores, este ten supostamente a propiedade de conter normas para regular todo caso concreto. Hans Kelsen cría que todo sistema xurídico era completo como resultado do principio segundo o cal "o que non está prohibido está permitido". Outros autores, como Carlos Alchourrón e Eugenio Bulygin, consideran que si existen lagoas no dereito. A coherencia supón que no ordenamento xurídico non existen normas incompatibles entre si. Os ordenamentos xurídico realmente existentes non son totalmente coherente. Por iso é polo que nos atopemos co problema das antinomias. A lagoa xurídica e os sistemas de soluciónA lagoa é unha falta, unha insuficiencia de regulación xurídica dentro do ordenamento. A doutrina establece, entre outros, dous tipos de lagoas
Para solucionar a existencia dunha lagoa xurídica, pódese recorrer a dous sistemas:
Consiste en solucionar a falta de regulación a través do propio ordenamento xurídico e dentro do ámbito da propia fonte dominante que vai ser a lei. A analoxía consiste en aplicar a un suposto carente de regulación a solución que o ordenamento dá a un suposto similar.
Consiste en solucionar a falta de regulación acudindo a outras fontes distintas á dominante, ou acudindo a outros ordenamentos. Neste procedemento destaca a utilización da equidade (a equidade vén significar xustiza, rectitude) e a equidade é a adaptación da norma á complexidade da vida social, e se corresponde co principio de "dar a cada un o que lle corresponde". AntinomiasUn ordenamento non é coherente cando existe o denominado problema das antinomias ou conflitos de normas. Existe antinomia cando dúas ou máis normas, que pertencen ao mesmo ordenamento imputan ao mesmo caso solucións incompatibles entre si, e que dan lugar a que a aplicación simultánea das normas produza resultados incompatibles e imposibles. Por iso é polo que se teña que elixir entre unhas e outras. Se existe conflito entre unha obrigación e unha prohibición en relación a unha mesma materia hai unha incompatibilidade. Tamén existe contradición entre unha obrigación e permiso negativo e entre prohibición e permiso positivo, sempre que regulen a mesma materia. Segundo o profesor Ros, pode existir antinomia total que é cando existe unha incompatibilidade absoluta, xa que coinciden totalmente os campos de aplicación.
Pode ocorrer que para solucionar as antinomias nos atopamos con conflitos de criterio. Cando se dea o conflito entre o criterio xerárquico e o cronolóxico sempre se resolverá a favor do xerárquico (será aplicable a norma superior). Se o conflito se dá entre o criterio cronolóxico e especial ou entre o especial e o xerárquico, haberá que estudar caso por caso, e será o xuíz quen decida. |