Ricardo Cao
Ricardo X. Cao Abad, nado na Coruña en 1965,[1] é un estatístico e profesor universitario galego. Profesor da Universidade da Coruña, foi vicerreitor de investigación e transferencia (2012-2016) e reitor da devandita institución (2024-).[2] TraxectoriaPrimeiros anos e formaciónCriouse no barrio coruñés dos Mallos, e realizou os seus estudos primarios e secundarios no Colexio Santo Domingo (Dominicos) da mesma cidade. Tras finalizar alí o bacharelato, iniciou a licenciatura de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (1983-1988). Obtivo a máxima cualificación de matrícula de honra na totalidade das materias, o que propiciou a consecución do Primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira. Carreira académicaTras rematar a licenciatura, realizou un doutoramento na mesma universidade con título de tese Aplicacións e novos resultados do método bootstrap na estimación non paramétrica de curvas, baixo a dirección do profesor Wenceslao González Manteiga e co amparo dunha bolsa FPI. A devandita tese foi merecedora do Premio Extraordinario de Doutoramento e derivou, asemade, na publicación[3] en solitario dun capítulo da mesma no xornal científico Annals of Statistics, revista considerada como a máis prestixiosa dentro do ámbito da estatística. Ademais, a investigación realizada durante a tese fíxoo merecedor do premio de investigación novel Ramiro Melendreras[4] do ano 1989, outorgado pola Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO), de carácter estatal. Posteriormente, en 1991, logrou unha praza de profesor interino de universidade na área de Estatística na Universidade da Coruña e, en 1993, unha praza de profesor titular. En 1999, conseguiu a cátedra de Estatística na mesma universidade. Durante este último período exerceu diversos cargos e responsabilidades de índole académica e científica como a coordinación da área de Matemáticas da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) no período 2008-2011, vicerreitor de investigación e transferencia no período 2012-2016 e, finalmente, a súa elección como reitor en 2023 para o período 2024-2029. Dende marzo de 2020, foi nomeado presidente do Comité de Expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, organismo creado polo Comité Español de Matemáticas (CEMat).[2][5] É editor asociado da revistas TEST e Computational Statistics.[2] InvestigaciónTraballou tanto no desenvolvemento teórico da estatística como nas súas aplicacións a diversos ámbitos. En particular, no desenvolvemento teórico, sobre á análise de datos funcionais, análise de supervivencia, bootstrap, datos censurados e truncados, estimación non paramétrica de curvas ou inferencia estatística para big data. En investigación aplicada, destacan as súas aportacións na modelización estatística en ciencia de materiais, xenómica, malherboloxía, neurociencia, modelos de curación, predición ou risco de crédito. Premios e distinciónsDentro dos premios e/ou distincións recibidas durante a súa carreira académica destacan:
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|