Rugby a 7
O rugby a 7 ou rugby sevens é unha variante do rugby union na que cada equipo compite con sete xogadores no campo, en encontros de 14 minutos divididos en dúas metades. A entidade que goberna o sevens é o World Rugby. Esta disciplina deportiva naceu na localidade escocesa de Melrose a finais do século XIX, onde comezou a disputarse o torneo Melrose Sevens. HistoriaO rugby a sete creouno Ned Haig, un carniceiro e xogador de rugby de Melrose (Escocia), como un evento creado para recadar fondos para o seu club en 1883. O primeiro encontro deste deporte celebrouse nas Greenyards cun gran recibimento. O torneo con máis participantes do mundo nesta modalidade é o National Schools Sevens do club Rosslyn Park de Londres, a onde van xogar máis de 7.000 estudantes de Inglaterra, de entre 13 e 19 anos. O primeiro torneo oficial entre seleccións foi o Torneo Internacional de Seven-a-Side de 1973 disputado no Murrayfield Stadium. Ese torneo contou con oito seleccións: cinco europeas (Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Francia) e tres do hemisferio sur (Nova Zelandia, Australia e o President's VII de Suráfrica). Debido a ese éxito, en 1976 creouse o Sevens de Hong Kong. Nas súas orixes, o torneo combinaba clubs e seleccións especiais de países anglosaxóns con seleccións nacionais de países de Asia e Oceanía. O número de combinados nacionais foi aumentando co tempo. En 1993, creouse a Copa do Mundo de Rugby a 7. Este campionato dispútase cada catro anos, pero a sétima edición disputarase con cinco anos por medio da copa anterior. No ano 1999, confirmáronse as Series Mundiais de Rugby a 7, un certame que consiste en 10 torneos de seleccións nacionais. O primeiro torneo de seleccións nacionais femininas de rugby a 7 foi o Sevens de Hong Kong 1997. En 2009 comezouse a disputar a Copa do Mundo Feminina. No 2012 creáronse as series femininas. Diferenzas co rugby unionO máis importante do sevens é ter velocidade, técnica e unha boa forma física. Un equipo está maioritariamente formado por xogadores de 3/4, xa que son máis rápidos que os dianteiros, aínda que normalmente os terceiros liñas (flankers e número 8) forman parte destes equipos. Ademais, os xogadores teñen que ser máis creativos á hora de crear xogadas por que as partes só duran 14-20 minutos por partido. Hai moitas variantes nas regras do xogo, que son principalmente para axilizar o xogo e xustificar o número reducido de xogadores. Os cambios principais son estes.
de encontro. Ademais, perder a unha persoa de 7 xera moitos máis espazos que perder a unha de 15. CompeticiónsAs competicións de sevens máis importantes son:
Tamén se disputan competicións de sevens nos Xogos da Commonwealth dende 1998, nos Xogos Mundiais dende o 2001 e nos Xogos Panamericanos dende 2011. A partir de Río de Xaneiro 2016 será un deporte olímpico. Outros torneos históricos son o Middlesex Sevens e o Melrose Sevens. Posicións
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|