Serie A
A Serie A, tamén chamada Serie A TIM debido ao patrocinio de Telecom Italia, é a máxima competición de liga de fútbol profesional en Italia, iniciada na tempada 1929–30. Foi organizada pola Lega Calcio até 2010, cando se creou a nova Lega Serie A. O campionato iniciouse en 1898 baixo o nome de Campionato Federale, e en 1929, coa profesionalización do fútbol italiano, cambiou o seu nome polo de Serie A. A Serie A é a quinta mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1] Sistema de competiciónO sistema do campionato está definido a través de enfrontamentos entre todos os clubs en partidos de ida e volta, de maneira que o club que obtén a maior puntuación ao final do torneo é proclamado campión. Os 4 primeiros clasificados obteñen a clasificación para a próxima edición da Liga de Campións da UEFA, deles, os tres primeiros compiten directamente, mentres que o cuarto clasificado deberá pasar unha rolda previa se quere xogar o torneo, na fase de grupos. O quinto e sexto clasificado asegúranse unha praza na próxima edición da UEFA Europa League. Os 3 últimos descenden de categoría, á Serie B. Equipos 2021/22Os seguintes clubs forman parte da Serie A durante a tempada 2021–22.
Palmarés
A letra grosa indica os clubs que actualmente compiten na máxima división. Xogadores históricosMáximos goleadores históricos
Xogadores con máis encontros disputados
Notas
Véxase taménLigazóns externas |