Share to:

 

Sobre a amizade

Sobre a amizade
De Amicitia, manuscrito do século XV, conservado na Biblioteca vaticana
Título orixinalLaelius de Amicitia
Autor/aMarco Tulio Cicerón
Lingualatín
Tema(s)amizade
Xénero(s)Filosofía
Data de pub.44 a.C.
TraduciónAlfonso Blanco Quintela
Na rede
BNE: XX2197010
editar datos en Wikidata ]

Sobre a amizade é un diálogo de carácter filosófico escrito por Marco Tulio Cicerón co título orixinal en latín de Laelius de Amicitia. A obra foi traducida ao galego por Alfonso Blanco Quintela e publicada en 1995 por Editorial Galaxia.

Foi escrito no ano 44 a.C., e está ambientado 85 anos antes. Está adicado a Tito Pomponio Ático. O tema principal que trata é a amizade, poñendo a visión epicúrea (a preferida por Ático) fronte á visión estoica (a de Cicerón).

Contido

Clasificación das persoas

As boas son as persoas que expresan os sentimentos de corazón e non son avariciosa a nivel materialista ou posición social, persoas humildes. As malas son persoas que antepoñen os seus desexos e avaricia ante calquera persoa ou circunstancia.

Clasificación respecto da amizade

Clásicos en Galego 14: Sobre a vellez e Sobre a amizade.

Respecto da amizade, fai outra clasificación: a verdadeira e perfecta, fronte á vulgar e mediocre:

  • A verdadeira e perfecta é unha amizade na que o amigo atópase para calquera tipo de circunstancia, tanto alegre como desgraciada. Amizade na que non se sitúa o suposto amigo en situacións comprometedoras e só hai sentimentos de amor e cariño.
  • A vulgar e mediocre é unha relación amigábel de conveniencia, para conseguir bens materiais ou status sociais. Amizade na que as persoas son egoístas e buscan o propio beneficio sen importar as consecuencias para a outra persoa.

Opinións sobre a existencia da amizade

Pensase que é algo natural, que pertence os instintos de supervivencia e que todas as persoas teñen a tendencia a relacionarse co resto de mundo, sexa con finalidade de interese ou por cariño.

Pensase tamén que é simplemente unha especie de “pacto” para a través destas relacións conseguir metas ou desexos.

A amizade entre dúas persoas que dure ata os últimos días de existencia ten gran dificultade, polo feito de que os intereses, formas de pensar e actuar das persoas cambian co tempo.

Conclusión

Quere transmitir e explicar que para Lelio (protagonista que dá a súa valoración da amizade) a amizade é tratar aos demais como che gustaría ser tratado e cando mires a un amigo, míraste a ti mesmo, porque para el, iso é amizade.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Index: pl ar de en es fr it arz nl ja pt ceb sv uk vi war zh ru af ast az bg zh-min-nan bn be ca cs cy da et el eo eu fa gl ko hi hr id he ka la lv lt hu mk ms min no nn ce uz kk ro simple sk sl sr sh fi ta tt th tg azb tr ur zh-yue hy my ace als am an hyw ban bjn map-bms ba be-tarask bcl bpy bar bs br cv nv eml hif fo fy ga gd gu hak ha hsb io ig ilo ia ie os is jv kn ht ku ckb ky mrj lb lij li lmo mai mg ml zh-classical mr xmf mzn cdo mn nap new ne frr oc mhr or as pa pnb ps pms nds crh qu sa sah sco sq scn si sd szl su sw tl shn te bug vec vo wa wuu yi yo diq bat-smg zu lad kbd ang smn ab roa-rup frp arc gn av ay bh bi bo bxr cbk-zam co za dag ary se pdc dv dsb myv ext fur gv gag inh ki glk gan guw xal haw rw kbp pam csb kw km kv koi kg gom ks gcr lo lbe ltg lez nia ln jbo lg mt mi tw mwl mdf mnw nqo fj nah na nds-nl nrm nov om pi pag pap pfl pcd krc kaa ksh rm rue sm sat sc trv stq nso sn cu so srn kab roa-tara tet tpi to chr tum tk tyv udm ug vep fiu-vro vls wo xh zea ty ak bm ch ny ee ff got iu ik kl mad cr pih ami pwn pnt dz rmy rn sg st tn ss ti din chy ts kcg ve 
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 
Kembali kehalaman sebelumnya