Share to:

 

Suttungr (lúa)

Suttungr ou Saturno XXIII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, e o seu equipo no ano 2000, e recibiu a designación temporal de S/2000 S 12.

Suttungr ten uns 5,6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 19,667 millóns de km en 1029,703 días, cunha inclinación orbital de 174° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,131. Suttungr podería estar formado a partir dos cascallos expulsados dos grandes impactos recibidos pola lúa Febe.

Recibiu o seu nome oficial en agosto do 2003 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Suttung era un Jotun ou xigante que posuía as propiedades da hidromel da poesía.En principio o nome anunciado foi Suttung na IAU Circular 8177, pero máis tarde a UAI decidiu engadirlle a -r final para o darlle a forma nominativa á palabra base Suttung.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya