Treonina
A treonina (abreviadamente Thr ou T)[2] é un α-aminoácido que forma parte das proteínas coa fórmula HO2CCH(NH2)CH(OH)CH3. A súa cadea lateral leva un grupo OH alcohólico, polo que se clasifica como aminoácido polar. Os outros únicos aminoácidos con OH na cadea lateral son a serina (alcohol) e a tirosina (fenol). Xunto coa isoleucina presenta quiralidade na súa cadea lateral, porque o OH pode ter dúas orientacións. Os seus codóns son ACU, ACA, ACC, e ACG. É un aminoácido esencial, polo que non pode sintetizarse no noso metabolismo e debe estar incluído na composición dos nosos alimentos. Os residuos de treonina son susceptibles de numerosas modificacións postraducionais. O grupo hidroxilo da súa cadea lateral pode sufrir O-glicosilación. Ademais, pode sufrir fosforilación pola acción de treonina quinases, e na súa forma fosforilada denomínase fosfotreonina. Foi o último dos 20 aminoácidos proteicos comúns en ser descuberto, na década de 1930 por William Cumming Rose. Estereoisómeros
A treonina, xunto coa isoleucina, ten dous centros quirais na súa molécula, un no carbono alfa e outro na cadea lateral. A treonina pode presentarse en forma de catro posibles estereoisómeros coas seguintes configuracións: (2S,3R), (2R,3S), (2S,3S) e (2R,3R). Porén, o nome L-treonina úsase para o enantiómero ácido (2S,3R)-2-amino-3-hidroxibutanoico. O segundo estereoisómero (2S,3S), que raramente aparece na natureza, denomínase L-allo-treonina. Os dous estereoisómeros restantes, ácidos (2R,3S)- e (2R,3R)-2-amino-3-hidroxibutanoico teñen escasa importancia. BiosínteseComo é un aminoácido esencial, os humanos non podemos sintetizar treonina; por tanto, debe ser inxerida como parte das proteínas dos alimentos. Nas plantas e microorganismos a treonina sintetízase a partir do ácido aspártico vía α-aspartil-semialdehido e homoserina. A homoserina sofre unha O-fosforilación; este éster fosfórico sofre despois hidrólise e unha recolocación do seu grupo OH.[3] Os encimas implicados nunha biosíntese típica de treonina son:
MetabolismoA treonina metabolízase de dúas maneiras:
FontesAlimentos ricos en treonina son: queixo fresco, aves, peixe, carne, lentellas, e sementes de sésamo. A treonina racémica pode obterse do ácido crotónico por alfa-funcionalización usando acetato de mercurio (II).[4] Notas
Véxase taménLigazóns externas |