Vuelta a España 2007
PercorridoA proba ten 11 tiradas chas, 8 de media e alta montaña, 2 cronos individuais e que fan 74 km, 4 chegadas no alto, 3 portos de categoría especial, 6 de 1ª categoría, 15 de 2ª caregoría e 18º de 3ª categoría. A Volta ten 9 tiradas con saída inédita (Allariz, Viveiro, Langreu, Calahorra, D.O. Cariñena, Oropesa, Algemesí, Hellín e Villacarrillo). Estas tres últimas vilas españolas serán ademais final inédito, a canda Torre-Pacheco. É a sexta vez que a Volta principia en Galicia, das cales unha foi en Santiago de Compostela (1982), dúas na Coruña (1989) e (1993), e tres en Vigo (1965, 1967 e 2007). A Volta pasou por Galicia, con esta, en 17 das 62 edicións. Delas, 12 veces tivo chegada en Vigo (1936, 1941, 1942, 1947, 1960, 1965, 1967, 1980, 1987, 1989, 1993, 2007), e 11 saída desa cidade (as mesmas agás 1987). Santiago de Compostela foi catro veces saída (1942, 1980, 1982, 1985) e cinco veces chegada (1942, 1982, 1985, 1989 e 2007). De Viveiro e Allariz nunca saíra nin chegara a Vuelta antes desta edición. Galegos na VueltaNesta edición da Volta haberá seis ciclistas galegos, o que supón unha cifra récord. Iso é en boa parte así grazas á participación do primeiro equipo profesional de ciclismo galego, o Karpin Galicia, que se estrea na Volta a España mercé a un convite da organización. Ademais dos cinco galegos que integran o Karpin (Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez Lemos, David García Dapena, Ezequiel Mosquera e Serafín Martínez Acevedo), participou tamén como líder do seu equipo o Illes Balears-Caisse d'Epargne, Óscar Pereiro. Óscar Pereiro sufriu unha gastroenterite pola que tivo que retirarse na tirada novena, a primeira das pirenaicas[1]. Serafín Martínez Acevedo abandonou na tirada décimo cuarta, logo de que vestise o mailló de líder da montaña nas primeiras xornadas e de que se mantivese na parte alta desta clasificación ata o seu abandono. Tiradas
Etapas clave da Volta a España 2007A proba comezará cunha tirada completa en liña (nin contra o reloxo nin prólogo), o que non se facía dende 1998. A 4ª etapa ascéndese ó porto asturiano dos Lagos de Covadonga. A seguinte etapa chega a Reinosa e constará de 4 portos, un deles, La Palombera, que será de 1º categoría e a só 18 km de meta. A primeira crono disputarase en Zaragoza sobre 49 km. Os escaladores atopáranse con dúas tiradas de alta montaña seguidas nos Pireneos. Na primeira delas ascenderán catro portos: Monrepos, Serrablo, Foradad e a ascensión final a Cerler. Ó día seguinte será a etapa máis longa e terán que subir Fayas, Perves, Cantó e a ascensión final a Ordino-Arcalís. A segunda parte da Volta será máis levadía por terras levantinas e murcianas ata chegar a Andalucía. A 14º tirada disputarase na Serra de Cazorla, onde se ascenderán 3 portos. A 15º etapa chegarase á provincia de Granada, onde os ciclistas defrontarán, como nas últimas dúas edicións, a ascensión do Monachil. A 16ª xornada terá tres portos e chegarase a Castela-A Mancha. A 18ª xornada chegarase a Ávila, ascendendo Mijares e Navalmoral. Ó día seguinte chegarase ó Alto de Abantos, como a última etapa con final no alto. Está etapa constará de 6 portos e Abantos subirase dúas veces. O penúltimo día haberá unha contra o reloxo clásica de 25 km por Collado Villalba e a Volta terminará ó día seguinte no Paseo de la Castellana en Madrid. Os portos da Volta a España 2007
Equipos participantesGalería de imaxes
Notas
Véxase taménLigazóns externas |