Óscar á mellor canción orixinal
O Oscar á mellor canción orixinal (Academy Award for Best Original Song) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Oscar. Entrégase aos compositores dunha canción escrita especificamente para un filme. Non se acreditan no premio os intérpretes a menos que contribuísen á composición.
A categoría introduciuse na 7ª edición dos Óscar.
Esta categoría é unha das poucas nas que un filme pode recibir varias candidaturas. Isto conseguiuno por vez primeira Fame en 1980. Catro filmes lograron candidaturas para tres cancións: Beauty and the Beast, The Lion King, Dreamgirls e Enchanted. En xuño de 2008 instaurouse como regra que un filme non podía ter máis de dúas cancións nomeadas.[1]
Na 18ª edición dos Óscar comezou a tradición de interpretar as cancións candidatas na cerimonia de entrega, habitualmente por cantantes diferentes aos orixinais. Por exemplo en 1965 Robert Goulet cantou todas as cancións.
Dende 1973 ofréceselle a actuación na cerimonia en primeiro lugar ao intérprete orixinal, mais nalgúns casos ningún deles pode facelo ou ben os produtores da gala deciden escoller algún outro. Por exemplo, Robin Williams interpretou "Blame Canada" de South Park: Bigger, Longer & Uncut na 72ª edición dos Óscar en lugar de Trey Parker e Mary Kay Bergman (Bergman realmente faleceu meses antes da cerimonia). Na 77ª edición dos Óscar Beyoncé interpretou tres dos temas e a canción "Al otro lado del río" de Diarios de motocicleta, que resultou a gañadora, en lugar de ser cantada por Jorge Drexler, os produtores escolleron a Carlos Santana e a Antonio Banderas, temendo unha baixa audiencia. O discurso de aceptación de Drexler consistiu en cantar unhas liñas da canción a cappella e a frase "thank you" (“grazas”).
Requisitos para a candidatura
O requisito orixinal para optar á candidatura era que a canción aparacese nun filme o ano anterior. Esta regra cambiou trala vitoria de "The Last Time I Saw Paris", de Lady Be Good, con música de Jerome Kern e letra de Oscar Hammerstein II. Kern sentiuse molesto porque gañase unha canción que fora publicada antes de ser empregada no filme. Conseguiu finalmente que cambiasen a norma para que só puidesen elixirse cancións "orixinais e escritas especialmente para o filme".[2][3]
Porén, houbo debates con algunhas cancións, como "Falling Slowly", de Glen Hansard e Markéta Irglová, gañadora do Oscar do 2008. A canción aparecía en dous discos previos publicados en agosto de 2006 e febreiro de 2007, pero o comité musical da Academia determinou que estes discos, publicados durante a produción do filme, non cambiaban a elixibilidade da canción.[4] O mesmo ocorrera dous anos antes con "In the Deep" de Crash, que foi escrita para o filme pero publicada antes da estrea nun disco de 2003 de Kathleen "Bird" York.
Candidatos e gañadores
1930
1940
1950
1960
1970
1980
1990
2000
2010
2020
Notas
Véxase tamén
|
---|
Categorías | |
---|
Premios especiais | |
---|
Categorías retiradas | |
---|
Cerimonias | |
---|
|
|