10 Hygiea
10 Hygiea é un asteroide do cinto de asteroides. Con diámetros ovalados de 350–500 km, e unha masa que se estima que sexa o 2,9% da masa total do cinto de asteroides,[8] é o cuarto obxecto máis notable do cinto de asteroides, tanto por tamaño coma por masa. E o asteroide máis grande dentro do asteroides do tipo-C cunha superficie carbonícea. Aínda que é o corpo máis grande na súa área, aparece moi difuso dende a Terra, debido á súa superficie escura. Por esta razón moitos asteroides moito máis pequenos foron descubertos moito antes de que Annibale de Gasparis descubrira Hygiea o 12 de abril do ano 1849. Na maior parte das oposicións, Hygiea ten unha magnitude aparente de catros ordes máis pequena cá de Vesta, e a súa observación require dun telescopio de polo menos 100 mm (4-polgadas), cando está en oposición pero dentro do seu perihelio, pode que sexa observable cuns binoculares de 10x50. Descubrimento e nomeHygiea foi descuberta por Annibale de Gasparis o 12 de abril do ano 1849, en Nápoles, Italia.[10] Foi o primeiro dos seus nove descubrimentos de asteroides. O director do observatorio de Nápoles, Ernesto Capocci, deulle nome ó asteroide. Escolleu Igea Borbonica ("Casa dos Borbóns") en honra á familia real do reino das dúas Sicilias, ó cal pertencía naquela época Nápoles.[11] En 1852, John Russell Hind escribiu "é universalmente coñecido coma Hygeia, o apéndice innecesario de 'Borbonica' cae obsoleto."[11] O nome quedou coma Hygieia, que procede da mitoloxía grega, onde era deusa da saúde, Filla de Asclepio (Esculapio para os romanos).[12] O nome foi a miúdo escrito coma Hygeia ó longo de século XIX, por ex. no Monthly Notices of the Royal Astronomical Society.[13] Características físicasA superficie de Hygiea está composta de materiais carboníceos primitivos semellantes ós das condritas. Produtos debidos as alteracións creadas pola presenza de auga foron detectados na súa superficie, o que indicaría a presenza de xeo de auga no pasado, o cal foi quentado o suficiente para estar fundido.[12] A composición tan antiga da superficie posiblemente é indicativa de que o fundido deste xeo debeu ocorrer nos primeiros tempos da formación do Sistema Solar,[12] en contraste con outros grandes planetesimais coma 4 Vesta. É o membro principal da familia de Hygiea e contén case toda a masa da familia (por riba do 90%). É o asteroide máis grande do escuro de tipo-C de asteroides cunha superficie carbonícea, que é o tipo dominante na parte máis externa do cinto de asteroides—parte que está máis aló da descontinuidade de Kirkwood, a 2,82 UAs. Hygiea aparece notablemente ovalado, cun diámetro medio de 444 ± 35 km e unha taxa do eixo semi-maior de 1,11.[12] Isto é moitisimo maior que no caso dos outros tres grandes obxectos do cinto de asteroides (de entre os 'catro grandes', nos que está incluído Hygiea), o planeta anano Ceres e os asteroides 2 Pallas e 4 Vesta. Ademais de se-lo máis pequeno dos catro, outra diferenza importante cos outros tres, é que Hygiea é relativamente pouco denso, comparable coas lúas de xeo de Xúpiter ou Saturno e a diferenza en comparación cos planetas terrestres e os asteroides rochosos. Hygiea é o obxecto máis grande da rexión, debido á súa superficie escura e á gran distancia a que está respecto do Sol, vese moi difuso cando é observado dende a Terra. De feito, é en brillo o antepenúltimo asteroide dos primeiros 23 asteroides descubertos, só 13 Egeria e 17 Thetis teñen menores magnitudes en oposición.[14] Na meirande parte das oposicións, Hygiea ten unha magnitude aparente de +10.2,[14] o cal é 4 magnitudes menos de brillo en comparación con Vesta, e a súa observación require dun telescopio de polo menos 100 mm (4-polgadas).[15] Cando está en oposición pero dentro do seu perihelio, Hygiea acada unha magnitude de +9,1[6] e pode chegar a ser observable cuns binoculares de 10x50, de xeito contrario ós seguintes dous asteroides en tamaño do cinto de asteroides, 704 Interamnia e 511 Davida, o cales están máis ala das posibilidades duns binoculares. Polo menos foron observadas 5 ocultacións de estrelas por parte de Hygiea dende observatorios terrestres,[16] pero todas proporcionaron poucos datos e medicións, co cal non se sabe moito de como é a súa forma. O Telescopio Espacial Hubble foi capaz de ve-lo asteroide, e descarta-la posibilidade da presenza de lúas orbitando Hygiea que tivesen máis de 16 kms. de diámetro.[17] Órbita e rotaciónXeralmente as características de Hygiea son as menos coñecidas dos "catros grandes obxectos" do cinto de asteroides. A súa órbita está máis próxima ó plano da eclíptica cás de Ceres, Pallas ou Interamnia,[12] pero é menos circular cás de Ceres ou Vesta, cunha excentricidade do redor do 12%.[1] O seu perihelio é semellante en lonxitude ós de Vesta e Ceres, aínda que o seu nodo ascendente e descente son opostos ós correspondentes tanto para Vesta coma para Ceres. Subliñar que o seu perihelio é case igual á distancia media de Ceres e Pallas, unha colisión entre Hygiea e os seus compañeiros de maior tamaño é imposible, xa están sempre en lados opostos da eclíptica. Aínda que no ano 2056, Hygiea pasará a 0,025 UAs respecto de Ceres, e no 2063, Hygiea pasará a 0,020 UAs respecto de Pallas.[18] O afelio de Hygiea chega ata o bordo do cinto de asteroides, onde está o perihelio da familia de Hilda, a cal está nunha resonancia orbital de 3:2 con Xúpiter.[19] Ten unha infrecuente rotación pola lentitude da mesma, tarda 27 horas e 37 minutos en dar unha revolución completa,[1] mentres que os obxectos grandes do cinto de asteroides usualmente teñen rotacións de entre 6 a 12 horas. A dirección de rotación aínda non foi precisada con claridade, debido a unha dobre ambigüidade nos datos da súa curva de luz, ambigüidade que por riba é exacerbada polo seu longo período de rotación, o cal fai que un telescopio terrestre só poida abarcar unha fracción dunha rotación completa nunha noite de observación, con todo pensase que é retrogrado.[12] A análise da curva de luz indica que os polos de Hygiea apuntan ás coordenadas eclípticas (β, λ) = (30°, 115°) ou (30°, 300°) cun erro estimado duns 10°.[4] Isto dálle unha oblicuidade da eclíptica de 60° para ambos casos. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
|