Andrés Comerma
Andrés Avelino Comerma i Batalla, nado en Valls (Tarragona) o 10 de xullo de 1842 e finado en Ferrol o 11 de marzo de 1917,[1] foi un militar, naturalista e enxeñeiro naval español, moi vinculado á cidade de Ferrol. No ano 2020 dedicóuselle o Día da Ciencia en Galicia. TraxectoriaFoi fillo de Pedro Comerma Ballester, arquitecto municipal, e Rosa Batalla Badía, mestra de nenas. Andrés foi o máis novo de cinco irmáns. Trala morte do seu pai, cando tiña 11 anos de idade, marchou a estudar a Tarragona, latín e retórica no seminario e o bacharelato no instituto. En 1860 comezou a estudar a carreira de Enxeñería de Camiños, e en 1863 aprobou o exame de ingreso na Escola de Enxeñeiros da Armada de Ferrol. Con 22 anos (1864) chegou ao posto de alférez de fragata e tres anos máis tarde, en 1867 presentou o proxecto de final de carreira e accedeu ao grao de alférez de navío, dentro do corpo de enxeñeiros. Comezou a traballar nos estaleiros ferroláns como docente na Escola de Mestrado e tamén como encargado da construción naval nos estaleiros de Ferrol (actual Izar Ferrol). Nesa época asumiu a dirección dos traballos de construción da fragata acoirazada Sagunto[2]. En 1868 publicou a súa primeira obra, o Curso práctico de construcción naval. Foi responsable dunha das obras máis importantes de enxeñería da cidade de Ferrol, o dique da Campá, que construíu entre 1873 e 1879 por encargo do Almirantado. Ao tempo que comezaba a súa carreira de Farmacia, na que conseguiu licenciarse pola Universidade de Santiago de Compostela, asistiu como representante da Armada Española a diversas exposicións e eventos internacionais, coma a Exposición Universal de Viena de 1873, o Congreso da Electricidade de París de 1881, a Exposición Internacional da Electricidade en Múnic (1882), ou a Exposición Internacional da Pesca de Londres de 1883, onde foi ademais o responsable da construción do pavillón español. En 1883 encargouse do deseño dun proxecto de camiño de ferro submarino que comunicaría España co norte de África baixo o Estreito de Xibraltar, que non se levou a cabo[3]. Posteriormente participou na xunta organizadora da Exposición Universal de Barcelona de 1888, dirixida polo nedense Eugenio Serrano de Casanova. En 1891 solicitou o seu pase á reserva e trasládase a Madrid, onde chegou a catedrático de Técnica micrográfica e histoloxía vexetal e animal na Facultade de Ciencias da Universidade Central. Con todo, seguiu mantendo o contacto coa cidade departamental. Presidente do Casino Ferrolán en 1900, director do Ateneo Ferrolán entre 1903 e 1906 e presidente da xunta de accionistas do Teatro Jofre, foi tamén presidente da rondalla Airiños da miña Terra[5]. Ademais, colaborou asiduamente co xornal El Correo Gallego, que daquela se editaba en Ferrol, e coa publicación Almanaque de Ferrol, á que contribuía con ensaios sobre enxeñería e sobre recuperación do patrimonio. En 1910 regresou de forma permanente a Ferrol, xa coa categoría de xeneral. En 1913 foi nomeado académico correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España. Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural. Obra
RecoñecementosEn 2020, se lle adicou o Día da Ciencia en Galicia.[13] Vida persoalEstivo casado dúas veces, primeiramente con Ángela Pérez Montero, coa que tivo unha filla, e, cando enviuvou, coa súa irmá Elvira Pérez Montero, coa que tivo oito fillas máis, das que cinco faleceron sendo nenas. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas |