Non publicou as súas obras até 1725, e fíxoo en forma de coleccións de opúsculos polémicos que chamou discursos (de discorrer, disertar libremente). Neste xénero intégranse os oito volumes (118 discursos), máis un suplemento adicional do Teatro crítico universal (coa acepción de teatro como «panorama» ou visión xeral de conxunto), publicados entre 1726 e 1739. Doutra banda, están os cinco volumes das Cartas eruditas y curiosas, publicadas entre 1742 e 1760 e compostas por 166 ensaios máis curtos. Amais, cómpre sumar un tomo extra de Adiciones publicado en 1783 e a súa copiosa correspondencia privada.
Nos Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes trata temas de distintas ciencias e actividades humanas e, polo seu propósito de discorrer acerca das falsas crenzas e as supersticións, entre outros erros difundidos no pobo, chamáronlle "o desenganador das Españas". Polo seu carácter enciclopédico, esta obra insírese na tradición das misceláneas, ao estilo da Silva de varia lección de Pero Mexía (século XVI).[3]
Feijoo defendía a igualdade do home e da muller e a súa figura é clave na historia dos dereitos da muller na España do século XVIII. O XVI discurso "Defensa da muller" publicado no primeiro volume do Teatro Crítico Universal de 1726 está considerado como o primeiro tratado feminista español. Mestura os criterios de corte racionalista, propios da primeira xeración ilustrada á que pertence, con outros criterios tradicionais baseados no argumento da autoridade utilizando numerosas referencias eruditas.[4] Cuestiona a opinión común e a misoxinia da época sobre a inferioridade da muller, defende a igualdade intelectual entre homes e mulleres, a dignidade moral da muller e o seu dereito a acceder ao coñecemento científico e á alta cultura.[5][6][7]
O texto comeza con estas palabras:
Estou nun serio problema. Xa non é só unha vulgaridade ignorante coa que me presento ao concurso: defender a todas as mulleres é o mesmo que ofender a todos os homes: pois é raro que a un non lle interese a primacía do propio sexo ante o desprezo do outro. A opinión común estendeuse tanto na vilipendiación das mulleres que case non admiten nada bo sobre elas.
No moral énchenas de defectos, e no físico de imperfeccións. Pero, onde ten máis forza é na limitación dos entendementos. Por iso, despois de defendelos brevemente nestes capítulos, comentarei con maior extensión a súa aptitude para todo tipo de Ciencias e coñecementos sublimes. [8]
Consideracións sobre o galego e portugués
Ademais de ser un precursor das ideas de frei Martín Sarmiento en canto ás ideas ilustradas sobre a Ciencia e a Ilustración, é tamén, no referido ás cuestións filolóxicas, e un dos precursores do Rexurdimento pola súa defensa da dignidade da lingua galega. Consideraba o galego e o portugués linguas de seu, non dialectos do castelán, con orixe no latín, e constituíndo unha unidade lingüística.[9][10][11]
Dentro de España, a casteláns e andaluces parécelle humilde, e a plebea a articulación de Jota, e o G de portugués, e galegos. Pero os franceses, que pronuncian igual, non só dicían as dúas letras: pero tamén o Ch, escoita con horror a articulación castelá"
"por entender todos os dialectos do latín, porque aínda que estes son comunmente considerados como non máis de tres, español, italiano e francés, P. Kirquer, Autor desapasionado {(a) De Turri Babel, lib 3 capítulo 1. }, engade o lusitano: no que, advirto, hai que incluír a lingua galega, como en realidade indistinguible do portugués, porque as voces nas que se diferencian son moi poucas, e a pronuncia das letras en todo semellante: e Isto é como os individuos de ambas nacións se entenden perfectamente, sen instrución previa".
"Que a lingua lusitana ou galega debe ser considerada un dialecto separado do latín, e non un subdialecto, ou corrupción do castelán, móstrase, na miña opinión, con probas, do maior parentesco que ten a primeira, que a segunda, que a lingua lusitana ou galega debe ser considerada como un dialecto separado do latín, e non un subdialecto ou corrupción do castelán con latín. "
↑Cf. B. J. Feijoo, "Discurso XVI", no seu Teatro Crítico Universal. Madrid na Imprenta de Benito Cosculluela, 1784-85, páxina 1 e seguintes.
↑Universal Critical Theatre, tomo primeiro. Benito Jerónimo Feijoo, Teatro Crítico Universal, volume primeiro (1726). Texto tirado da edición de Madrid 1778, páxinas 309- 325.