Atún patudo
O atún patudo (Thunnus obesus) é unha especie de peixe da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos e familia dos túnidos, pertencente ao xénero Thunnus.[1][2] CaracterísticasÉ un peixe corpulento, que chega a acadar un peso de 210 kg. Ten a primeira aleta dorsal de cor amarela forte, mentres que a segunda alerta dorsal e a anal son só amareladas. O corpo é claro cunha faixa azul iridescente nos lados (visíbel só en exemplares vivos). BioloxíaNutriciónAliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, tanto de día, como durante a noite. Reprodución e desenvolvementoTanto os ovos como as larvas forman parte do plancto. Son peixes de crecemento rápido, a alcanzan unha idade máxima estimada de once anos. CostumesTen un comportamento peláxico, cos peixes de tamaños pequenos formando cardumes na superficie, mentres os adultos se concentran en augas profundas. DistribuciónAtópase nas augas tropicais e subtropicais de todos os océanos, mais preferindo o intervalo de temperaturas entre os 17º e os 22 °C.[3] TaxonomíaDescriciónEsta especie foi descrita por primeira en 1839 vez polo clérigo anglicano, escritor, botánico, ictiólogo e malacólogo inglés, especializado na flora, e máis na fauna (mariña) do arquipélago de Madeira Richard Thomas Lowe, baixo o nome de Thynnus obesus.[1] Poesteriormente, cando o xénero Thynnus foi considerado como Thunnus foi reclasificado neste. SinónimosAo longo da historia, a especie foi tamén coñecida polos sinónimos seguintes:[1]
Importancia económicaTen grande importancia para a pesca, sendo comercializado principalmente conxelado e enlatado; adquire un valor elevado para a produción de sashimi. É considerado unha especie vulnerable pola IUCN.[4] As capturas aumentaron liñalmente (aínda que con flutuacións) dende mediados do século XX até o ano 2000, cando se chegou a preto de 400 000 t en todo o mundo; os países que rexistran maiores capturas son o Xapón e Corea do Sur.[5]. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|