Careta![]() Unha careta, caranta, carantoña, carauta, caroza ou máscara[1] é un obxecto de papel ou de plástico que representa unha cara grotesca e que se utiliza para cubrir e ocultar o rostro. Emprégase sobre todo na festa do entroido, e tamén foi moi utilizado no teatro, desde as civilizacións antigas aos nosos días[2]. HistoriaAs máscaras teñen unha longa historia que se estende a través de diversas culturas e continentes. Xeralmente, asociáronse con rituais, festividades e representacións teatrais, desempeñando un papel crucial na expresión artística e cultural das sociedades.[3] ![]() As máscaras foron utilizadas desde a prehistoria e a antigüidade. Por exemplo, en sociedades tradicionais de África e outros continentes as máscaras son un elemento central en moitas cerimonias, incluíndo ritos de paso, festivais e eventos comunitarios. Estas máscaras non só representan deidades ou espíritos, senón que tamén son empregadas para transmitir mensaxes sociais e morais.[4] En Europa, durante a Idade Media e o Renacemento, as máscaras foron populares nos bailes de máscaras e no teatro, especialmente en Italia coa Commedia dell'Arte, onde os personaxes como Arlequín e Pantaleón levaban as súas máscaras características.[5] ![]() Na actualidade, as máscaras seguen sendo unha parte vital de moitas festas, como o Carnaval de Venecia, onde as máscaras elaboradas e artísticas son un aspecto central das celebracións. Tamén son visíbeis en eventos modernos como festivais de música, teatro e representacións artísticas que exploran novas formas de expresión cultural.[6] Outros usosUn significado de máscara é o referido ao seu uso sanitario e profisional, de uso habitual en distintos oficios. Existe un amplo abano de máscaras cirúrxicas e incorporadas como parte de equipos de protección, por exemplo a máscara ffp2, a máscara N95 etc. Durante a pandemia de Covid foron amplamente usadas, incluíndo algunhas deseñadas con criterios estéticos e mesmo se deseñaron algunhas variantes de trikini coa máscara a xogo co bikini.[7] ![]() As caretas ou máscaras tamén foron empregadas como parte de manifestacións sociais ou políticas de protesto. A primeira vez que Anonymous usou a máscara de Guy Fawkes que aparece no filme V de Vendetta como forma de protesta foi nunha concentración contra a Igrexa de Ciencioloxía en 2008. O colectivo recomendou aos manifestantes que se cubrisen a cara con esa máscara para evitar sustos.[8] En GalizaA tradición das máscaras galegas está moi ligada á celebración do Entroido, unha festa que se celebra antes da Coresma. Neste contexto, as máscaras son usadas non só para ocultar a identidade individual, senón tamén para criticar e satirizar problemas sociais, políticos e mesmo persoais da comunidade, empregando arquetipos definidos.[9] Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Information related to Careta |