Share to:

 

Casa da Sabedoría

Escolares nunha biblioteca Abbasid. Ilustración de Yahyá al-Wasiti nunha maqama de al-Hariri, 1237.

A Casa da Sabedoría ou Casa do Saber (en árabe بيت الحكمة‎ Bayt al-Hikmah) foi unha institución (que comprendía unha biblioteca e unha dependencia dedicada ás traducións) fundada en Bagdad polo califa Harun al-Rashid no século IX (aproximadamente no ano 800), institución continuada e perfeccionada polo seu fillo o califa Al-Mamun.

Era unha especie de universidade instituída como mostra do nacemento do interese do islam pola ciencia e a cultura, case perdida en todo o mundo occidental, unha institución chave no movemento das traducións, e un gran centro intelectual durante a idade de ouro do islam. Un dos seus membros máis destacados foi o matemático e astrónomo árabe al-Khwarizmí.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya