século VIII < século IX > século X
Hemisferio Oriental a inicios do século IX d.C.
Hemisferio Oriental a finais do século IX d.C.
Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro do 801 ata o 31 de decembro do 900 da era cristiá .
Acontecementos destacados
Galiza
Europa
809 - 815 : guerra entre o Imperio Bizantino e Bulgaria .
811 : ocorre a batalla de Pliska , entre unha forza bizantina dirixida polo emperador Nicéforo I e un exército búlgaro comandado polo Khan Krum . Os bizantinos son derrotados nunha serie de enfrontamentos que culminan coa morte de Nicéforo I.
813 : os bizantinos son duramente derrotados polos búlgaros na batalla de Versinikia .
c. 813 - c. 915 : período de graves ataques navais árabes nas costas dos mares Tirreno e Adriático .
814 : Carlomagno morre na cidade de Aquisgrán .
815 : asínase un acordo de paz de 30 anos entre Bulgaria e o Imperio Bizantino.
825 : batalla de Ellandun : o rei Ecgberht de Wessex vence a Mercia e establece o reino de Wessex como o reino supremo de Inglaterra .
839 - 842 : guerra búlgaro-servia .
840 : morre Lois I, o Piadoso .
841 : Dublín é fundada na costa leste de Irlanda polos viquingos .
843 : o Imperio Carolinxio está no seu apoxeo en territorio e área. Os tres fillos de Lois I o Piadoso chegan a un acordo coñecido como o tratado de Verdún e dividen o Imperio Carolinxio en tres; Francia Oriental foi dada a Lois o Xermánico , Francia Occidental a Carlos o Calvo e Francia Media a Lotario I .
844 : a primeira incursión viquinga na Península Ibérica .
846 : un exército de árabes sarracenos procedentes de África, profanan santuarios cristiáns en Roma , incluíndo tumbas e basílicas.
848 - 852 : a marxe oeste do Tíber é anexada á cidade de Roma cunha muralla defensiva, encargada polo Papa León IV , constrúese arredor do que se deu en chamar a Cidade Leonina como resposta defensiva á profanación sarracena de Roma en 846.
850 - 875 : os primeiros colonos nórdicos chegan a Islandia .
862 : o comezo da dinastía Rurícovich en Rus' .
862 : a dinastía Bagratuni da Armenia medieval comeza con Ashot I .
863 - 879 : período de cisma entre as igrexas orientais e occidentais.
864 : cristianización de Bulgaria baixo Boris I .
867 : renacemento do Imperio Bizantino baixo a dinastía macedonia .
870 : cristianización dos serbios .
870 : fundación do Castelo de Praga .
871 - 899 : reinado de Alfredo o Grande , o primeiro rei dos ingleses.
872 : Islandia colonizada por Ingólfur Arnarson de Noruega .
878 : a batalla de Ethandun resulta na vitoria de Alfredo o Grande sobre o señor da guerra Guthrum I .
885 : chegada a Bulgaria dos discípulos dos santos Cirilo e Metodio , Clemente de Ohrid e Naum de Preslav . Desenvolvemento do alfabeto cirílico .
885 : o abade Cernuo convértese en testemuña do asedio de París polos viquingos .
888 : o Imperio Carolinxio decae e cae despois da morte de Carlos o Gordo .
893 : concilio de Preslav , Vladimir-Rasate é destronado e sucedeuno Simeón I ; a capital trasládase de Pliska a Preslav ; o clero bizantino é expulsado e substituído polo búlgaro. O búlgaro antigo convértese na lingua oficial do país.
895 /896 : ano da chegada dos maxiares a Pannonia . Este ano é amplamente aceptado como o inicio da "toma de terras" húngara .
899 : morre o rei Alfredo o Grande de Wessex , primeiro rei dos ingleses.
África
Oriente Medio
Asia
800s : no sueste asiático os reinos de Muja (daquela Brunei e Vijayapura ) e Mayd (Ma-i ) libraron a guerra contra o Imperio da China .
802 : Jayavarman II do pobo Khmer en Camboxa funda o Imperio Khmer e establece a dinastía Angkoriana .
803 : a construción do Buda xigante de Leshan na China da dinastía Tang acaba por rematar despois de 90 anos.
805 - 820 : a dinastía Tang estaba baixo o goberno do emperador Xianzong de Tang .
825 : Borobudur complétase durante o reinado de Samaratungga .
835 : ocorre o Incidente da rosa suave . O emperador Wenzong da dinastía Tang conspira para matar aos poderosos eunucos da corte Tang, pero a trama é frustrada.
845 : o budismo é perseguido e prohibido en China .
851 : o comerciante árabe Sulaiman al-Tajir visita o porto chinés de Guangzhou , no sur da China, e observa a fabricación de porcelana , a mesquita islámica construída en Guangzhou, o sistema de hórreos da cidade e como funcionaba a súa administración municipal.
856 : complétase Prambanan . Segundo a inscrición de Shivagrha , Rakai Pikatan , o marido de Pramodhawardhani , derrotou a Balaputra .
860 : Balaputra, o maharajá de Suvarnadvipa e gobernante de Srivijaya , constrúe o templo e mosteiro budista en Nalanda , India , nos terreos cedidos polo rei Devapaladeva de Pala en Bengala , segundo a inscrición de Nalanda .
863 : o autor chinés Duan Chengshi describe o comercio de escravos , o comercio de marfil e o comercio de ámbar gris de Somalia no leste de África.
869 : un terremoto e un tsunami asolaron a costa xaponesa de Sanriku .
875 - 884 : Huang Chao lidera unha rebelión sen éxito contra a dinastía Tang na China .
Personaxes destacadas
Abd al-Rahman III (891-961): futuro emir Omeia e fundador do califato de Córdoba (929-1031) no ano 929.
Adi Shankara (788-820): pensador hindú.
Ahmad bin Hanbal (780-855): teólogo fundador do hanbalismo .
Al-Khwarizmi (783-846): matemático persa "pai" da álxebra.
Al-Jahiz (781-861): escritor árabe.
Afonso II de Oviedo (760-842): rei do reino de Asturias, durante o seu reinado descubriuse a tumba do Apóstolo Santiago.
Alfredo o Grande (849-899): rei de Wessex, famoso polas súas loitas contra os viquingos.
Árpád (840?-907): gran príncipe dos maxiares .
Abbas Ibn Firnas , 810-887: científico andaluz , famoso por ser un excelente fabricante de lentes, e inventor de reloxos de area, planetarios e os primeiros antepasados documentados que se coñecen ata a data do paracaídas (852) e do ala delta (878), entre outros moitos inventos e melloras.
Basilio I (811-886): emperador bizantino.
Boris I de Bulgaria (-907): primeiro rei cristián de Bulgaria.
Carlomagno (742-814): rei dos francos, emperador do Imperio carolinxio.
Clemente de Ohrid (840?-916): arcebispo de Bulgaria e escritor.
Han Yu (768-824): escritor chinés.
Harald I (855-930): primeiro rei de Noruega.
Jayavarman II (770-850): fundador do Imperio Khmer.
Xoán VIII (820-882): papa de Roma, coñecido pola lenda da "Papisa Xoana ".
Kenneth I de Escocia (800-858): rei dos pictos e considerado o primeiro rei de Escocia .
León VI o Sabio (866-912): emperador bizantino.
Xoán Escoto Eríxena (c. 810-c. 877): filósofo.
Lois I (778-840): rei do Imperio Carolinxio, fillo de Carlomagno.
Naum de Preslav (830-910): santo, escritor e mestre de orixe búlgara.
Ragnar Lodbrok (805?-865): rei viquingo, coñecido por liderar as incursións viquingas en territorios cristiáns en Europa
Simeón I de Bulgaria (864/865-927): rei do Primeiro Imperio Búlgaro, famoso polas súas campañas militares.
Wang Geon (887-943): rei coreano, fundador da dinastía Koryo .
Xianzong de Tang (778-820): destacado emperador chinés.
Invencións, creacións e descubrimentos
Notas
↑ Tradicionalmente deuse o ano 813 como a data deste achado, pero realmente foi entre o 820 e o 830 ) (Xacopedia: Inventio ) [consultado o 1.01.2025]