Cristina Pato
Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega. TraxectoriaNada en Ourense, o seu pai é de Armariz (Nogueira de Ramuín). Formouse musicalmente no Conservatorio de Ourense. Cristina Pato foi a primeira muller galega en gravar un disco en solitario como gaiteira en España, ao rexistrar o seu primeiro álbum, Tolemia, en 1999.[1] Tras este fito, Cristina participa nun Final do Milenio especial que se emite por varias televisións do mundo (TVE, BBC, CNN, entre outras) e participa en xiras con The Chieftains e Cherish The Ladies. No 2001 lanzou o seu segundo disco, titulado Xilento (palabra procedente do barallete dos afiadores de Ourense), nome que significa famento e ambicioso. Neste disco aparecen novas versións de cancións: "Os teus ollos", coa colaboración de José Peixoto (do grupo portugués Madredeus), e "Eno sagrado en Vigo" (cantiga medieval de Martín Codax). No ano 2004 mudouse a Nova York, onde está establecida, para facer estudos de posgrao en música e piano na Universidade Rutgers de Nova Jersey, grazas a unha bolsa da Fundación Barrié de la Maza, e pola que se acabou doutorando en 2008. En 2005 coñeceu a Osvaldo Golijov, por quen chegou a participar en gravacións con Yo Yo Ma e co seu conxunto, o Silk Road Ensemble, ao que se incorporou, e co que conseguiu un Grammy.[2] Ten colaborado con artistas como The Chieftains, a Chicago Symphony Orchestra, Hevia, Yo-Yo Ma, o Silk Road Ensemble, Osvaldo Golijov ou a Orquestra Sinfónica de Tenerife en máis de vinte gravacións como artista convidada. Entre elas, participou na estrea absoluta de Rose of the Winds, obra sinfónica de Osvaldo Golijov, coa Chicago Symphony Orchestra e o Silk Road Ensemble, en 2007. Con Yo-Yo Ma colaborou no álbum Songs of Joy and Peace (2008) e en programas de televisión como Colbert Report (Comedy Central) ou The Early Show (CBS). Como membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma tocou no Carnegie Hall, no Harman Center, na ONU e no Lincoln Center. No ano 2012 recibiu o Premio Galega do Ano, estes premios foron creados polo xornal El Correo Gallego. En 2011 abriu o Summer Stage Festival de Central Park nun concerto con Yo Yo Ma e Bobby McFerrin. Deu centos de concertos en España, India, Portugal, Reino Unido (Celtic Connections, Glasgow), Francia, Italia (Etnofestival, San Marino), Alemaña (Ibero-Amerikanisches Institut de Berlín), México (Palacio de Bellas Artes) ou os Estados Unidos. En 2019 foille asignada a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na New York University.[3] Colabora cunha columna semanal en La Voz de Galicia, titulada A Arte da Inquedanza.[4] DiscografíaÁlbums en solitario
Dúos
Colaboracións
Obra literaria
Libros colectivos
Vida persoalVive no West Village de Nova York[6]. O seu home é o tamén músico ourensán Juan Padrón. Recoñecementos
Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
|