Xesús Mato
Xesús Mato Mato, nado en Cabo de Vila (San Martiño de Castro, Paradela) o 29 de outubro de 1932 e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 2024,[1] foi un sacerdote, musicólogo e escritor galego. Usou o pseudónimo J. Cabodevila na música.[2][3] O Concello de Paradela, en colaboración con Brandán Comunicación, publicou Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos, presentado en xaneiro de 2023. TraxectoriaFixo a carreira sacerdotal no Seminario de Lugo (1946-1958). Foi coadxutor de Lalín (1958-1967) onde foi profesor de Filosofía e Música nun colexio privado (1959-64) e profesor de relixión do Instituto Laboral de Lalín (1965-67). En Lalín fundou a emisora Radio Popular de Lalín (1959-64) da que foi o primeiro director e foi tamén fundador e primeiro director da Polifonía de Lalín (1958-1967). En 1967 obtivo o título de técnico Radiodifusión-Redactor en Madrid e dende 1968 foi asesor relixioso e redactor en Radio Popular de Lugo e creador das misas en galego por radio.[4] Foi párroco de 6 parroquias na Montaña do Cebreiro (1983-2000). Foi director espiritual e asesor do Colexio Menor F. Obispado (1967-68). Foi fundador e primeiro coordinador de Auxilia-Lugo (1970-77)[4] para facer visibles os discapacitados que aínda nos anos setenta as familias escondían como se a súa existencia fose unha praga bíblica ou un castigo.[5] Foi cofundador do Grupo Fuxan os Ventos (1972), e autor da letra e da música da canción que lle deu nome ao grupo. Tamén foi impulsor de Galicia canta ó neno[6] que achegaba á xente a tradición popular das panxoliñas.[7] Por iniciativa do concello de Paradela, editouse un libro homenaxe titulado «Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos».[7] Recoñecementos
FamiliaXesús Mato foi curmán de Xosé Manuel Mato, quen fora alcalde de Paradela. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|