Dólar neozelandésPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dólar.
O dólar neozelandés (en inglés New Zealand dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial de Nova Zelandia e os seus territorios dependentes (as Illas Cook, Niue e Tokelau), así como da colonia británica das Illas Pitcairn. Decotío abreviase $, ou NZ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é NZD. Subdivídese en 100 cents. Informalmente, en inglés é coñecido como o kiwi (ou o kiwi dollar). HistoriaO dólar neozelandés introduciuse o 10 de xullo de 1967 en substitución da libra neozelandesa, como resultado do proceso de decimalización da moeda, a razón de dous dólares por libra, ou o que é o mesmo, dous shillings por dólar. O instituto emisor é o Banco de Reserva de Nova Zelandia (Reserve Bank of New Zealand). Hai en circulación moedas de 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 dólares (as pezas de menos valor, as de 1 e 2 cents, foron retiradas da circulación en 1990, e a de 5 cents foi tamén retirada en 2006). Os billetes que circulan actualmente son os de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares (os de 1 e 2 dólares retiráronse en 1991, cando se puxeron en circulación as moedas correspondentes). Se ben as primeiras emisións foron de papel, como é habitual na meirande parte dos billetes do mundo, dende 1999, a semellanza dos billetes australianos, as novas series están feitas de polímero, un plástico que dificulta a súa falsificación. As Illas Cook tiveron as súas propias emisións de billetes entre 1987 e 1995, se ben continúan tendo as súas propias moedas (de 1, 2 e 5 dólares), de valor legal. Taxas de cambio
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas
|