Dram armenio![]() O dram armenio (armenio: Դրամ) é a moeda de Armenia. Divídese en 100 luma (լումա). Foi introducido en 1993 para substituír o rublo ruso, ao cambio de 1 dram = 200 rublos. O código ISO-4217 para o dram é AMD. A palabra dram en armenio provén do grego "dracma" (δραχμή). HistoriaAs primeiras moedas de prata ás que se denominou "dram" pertencen ao período abranguido entre 1199 e 1375. Posteriormente circulou na República Democrática de Armenia e na República Socialista Soviética de Armenia o rublo armenio (ռուբլի), entre 1919 e 1923. Esta moeda substituíu o rublo transcaucásico e foi substituído de novo cando Armenia entrou a formar parte da República Federal Socialista Soviética de Transcaucasia, xunto a Xeorxia e Azerbaidján. Os billetes emitidos pola República Democrática tiñan valores de 5.000 e 10.000 rublos, moitos deles escritos en alfabeto cirílico. Con todo, as denominacións de 50, 100 e 250 rublos impresos no Reino Unido aparecían en armenio. Os billetes emitidos pola RSS de Armenia tiñan denominacións entre 5.000 e 5.000.000 de rublos, nos que aparecían textos escritos en armenio e ruso conxuntamente con símbolos comunistas. O 21 de setembro de 1991 Armenia independizouse da Unión Soviética, e o 27 de marzo de 1993 creouse o Banco Central de Armenia durante o goberno de Isahak Isahakyan. Con todo, os antigos billetes coa denominación de rublos seguiron a ser de curso legal ata novembro de 1993. A nova moeda entraría en circulación o 22 de novembro de 1993. Imprimíronse billetes de 10, 25, 50, 100, 200 e 500 dram, e en xaneiro de 1994 o Banco Central comezaría coa emisión de moedas de 10, 20 e 50 luma, e 1, 3, 5 e 10 dram. Os billetes de 1.000 e 5.000 dram emitíronse entre 1994 e 1995. Máis tarde emitiríase un billete de 20.000 dram e outro de 50.000, para conmemorar a adopción do cristianismo en Armenia. MoedasO dram foi posto en circulación tres anos máis tarde da independencia de Armenia. En 1994 púxose en circulación a primeira serie de moedas que contaba con estes valores: 10 luma, 20 luma e 50 luma, e 1 dram, 3 dram, 5 dram e 10 dram. Todas as moedas da primeira serie eran de aluminio. En 2003, logo de que o territorio de Artsakh se separase de Azerbaidján, introduciuse unha serie nova, que é a que circula na actualidade. Primeira serie de moedasAs primeiras moedas, que circularvon desde 1993 ata 2004 foron:
Segunda serie de moedasAs moedas actualmente en circulación posúen as seguintes características:
BilletesPrimeira serie de billetesEsta primeira serie de billetes circulou desde a caída da URSS ata o ano 2005.
Segunda serie de billetesActualmente, os billetes en circulación son os de 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000, 50.000 e 100.000 dram.
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas e referencias
Information related to Dram armenio |