Fitzcarraldo
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald. O filme tivo unha produción complicada. Herzog obrigou ó seu equipo a transportar manualmente o barco de vapor de 320 toneladas por un outeiro, o que provocou tres feridos. O protagonista orixinal do filme, Jason Robards enfermou na metade da rodaxe polo que Herzog contou con Kinski, con quen previamente tivera un enfrontamento violento durante a produción de Aguirre, der Zorn Gottes. A súa segunda colaboración non foi mellor e un dos extras mesmo se ofreceu a matar a Kinski. Foi escollido como candidato de Alemaña do Oeste para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 55ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2] Personaxes
Notas
Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externas
|