Das Leben der Anderen
Das Leben der Anderen é un filme alemán estreado en 2006 escrito e dirixido por Florian Henckel von Donnersmarck e premiado co Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. ArgumentoO filme narra a historia dun axente da Stasi, a policía política da República Democrática Alemá, Gerd Wiesler, que participa nun servizo de escoitas clandestinas do apartamento dunha parella da escena cultural de Berlín Oriental, o escritor Georg Dreyman e a actriz Christa-Maria Sieland. Máis tarde, vese envolto na vida da parella e ten un papel decisivo nos seus destinos. Elenco
RecoñecementosDas Leben der Anderen foi o terceiro filme alemán que recibiu o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Tamén foi candidato ao Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro. En 2009 a revista estadounidense National Review considerouno o mellor filme dos últimos vinte e cinco anos.[3] Nunha enquisa da BBC de 2016, os críticos votárono como o 23.º mellor filme dende o ano 2000.[4] Notas
Véxase taménOutros artigos
Bibliografía
Ligazóns externas
|