Flores de BachOs remedios con flores de Bach son solucións ou menciñas a base de brandy e auga - a auga contén esencias diluídas dunhas especies concretas de plantas (non só flores, senón árbores, herbas etc.) escollidas por Edward Bach, un homeópata inglés, alá polos anos 1930.[1] Bach cría que o orballo que se atopa nos pétalos das flores retén as propiedades curativas das plantas.[2] Os remedios indícanse principalmente para problemas emocionais e espirituais, incluíndo, sen excluír outros, depresións, ansiedade, insomnio e estrés. As menciñas conteñen unha cantidade moi pequena de material vexetal nunha solución 50:50 auga e brandy. Isto coñécese coma tintura nai.[3] Os remedios que se atopan nas tendas (chamados de stock bottle) son disolucións da tintura nai noutros líquidos, normalmente alcol, polo que a porcentaxe de alcol na meirande parte das menciñas de Bach comerciais varía entre 25 e 40%[4] (50 a 80 volume). As menciñas ademais adóitanse diluír antes do uso, normalmente nunha botella de tratamento chea de auga e que conterá dúas gotiñas dun ou máis dun dos produtos comerciais.[5] Por mor a que os remedios están extremadamente diluídos, carecen de recendo ou sabor característico algún. Con este proceso de dilución, segundo a probabilidade estatística, dificilmente incorporamos unha soa molécula, por isto, para xustificar o seu uso, disque estas menciñas conteñen unha natureza enerxética ou "vibración" natural da flor e que esta pode ser transmitida ao paciente.[6] As menciñas a partir das flores de Bach considéranse logo remedios de curación espirituais, e ligan co concepto de memoria da auga. Ás veces considéranse remedios homeopáticos porque están moi diluídas en auga, mais non son realmente homeopáticas xa que non seguen outros preceptos homeopáticos coma o principio de similitude ou a crenza de que os "poderes" curativos se vén reforzados por axitación e repetición das dilucións ("sucusión"). As pescudas e revisións clínicas sistemáticas sobre os remedios das flores de Bach non atoparon eficacia científica ningunha mais ca o efecto placebo.[6] UsoSegundo os seus seguidores, as flores de Bach poderíanse usar para tratar sete tipos de estados negativos: o medo, a falsidade, a evasión do presente, a soidade, a hipersensibilidade, a tristura ou desesperación e a preocupación excesiva polos outros. Estes estados terían diferentes aspectos, polo tanto ademais do tratamento básico poderíase usar unha mestura de esencias segundo o caso. As plantas usadas son as seguintes (a seguir o que os seguidores desta crenza consideran que axuda a combater):
Libros de Bach e seguidores
Notas
Véxase taménOutros artigos |