François Thierry
François Thierry de Crussol, nado o 17 de agosto de 1950[1], é un numismático francés de ascendencia chinesa (o seu nome en chinés é 蒂埃里 Di Ali), especializado na moeda do Extremo Oriente.[2] TraxectoriaFormaciónThierry estudou Historia na Universidade da Sorbona (París 7) onde se graduou en 1975, cunha tese de licenciatura centrada nas relacións entre o poder e o exército en Turquía no período 1876-1918. O ano seguinte presentou unha nova tese sobre o movemento nacional kurdo na fin do Imperio Otomán. Entre 1982 e 1986 focalizou a súa formación na aprendizaxe de linguas e culturas do Extremo Oriente, en particular da China e do Vietnam.[2] Carreira numismáticaLogo de acadar a súa acreditación como profesor universitario, comezou as súas investigacións sobre a moeda chinesa e pasou a integrarse no Museo da Administración de Moedas e Medallas (Musée de l'Administration des Monnaies et Médailles), onde entre 1984 e 1986 levou a cabo a publicación das coleccións do Extremo Oriente procedentes do tesouro Huê.[2] En 1986 correu a cargo tamén da publicación do catálogo das moedas vietnamitas do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París, institución na que foi nomeado conservador de moedas orientais en 1989, conservador xefe en 1993 e conservador xeral en 2009.[2] As súas investigacións na BNF centráronse en aspectos como as moedas chinesas da dinastía Song (960-1279), as vietnamitas e as turcas do período preislámico. Na actualidade, Thierry é conservador honorario do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, desde a súa xubilación en 2015.[2] Entre outras institucións, Thierry é membro da Société française de numismatique, de París, e da Royal Numismatic Society, de Londres.[2] Recoñecementos
PublicaciónsEstas son algunhas das publicacións máis salientables de François Thierry:[7][8] Escolma de monografías
Escolma de artigos
Notas
Véxase taménOutros artigos |